Showing 15 Result(s)

ESPECIAL de NADAL: Pementos do “piquillo” recheos de rape e lagostinos

Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

INGREDIENTES 
  • 12 pementos do piquillo
  • 150 gr. de rape
  • 150 gr. de lagostinos (12 lagostinos)
  • Caldo de peixe (cabezas de lagostinos, espiñas de rape)
  • 220 ml. de leite enteiro
  • 25 gr. de fariña fina de millo
  • 25 gr. de manteiga
  • 120 ml. de viño branco
  • 3 dentes de allo
  • 1 cebola
  • 1 allo porro
  • 2 tomates
  • AOVE, sal, pementa negra, noz moscada, azafrán, perexil
ELABORACIÓN
  1. – Pelar e picar un dente de allo e a cebola. Sofritir cun chisco de sal. Cando estean dourados, engadir o viño branco. Deixar reducir ata que se evapore o alcol. Salpimentar.
  2. – Pelar os lagostinos, limpar e reservar as cabezas. Partir os lagostinos e o rape. Incorporalos á tixola durante cinco minutos.  Salpimentar. Retirar e reservar.
  3. – Pelar e picar un dente de allo. Sofritir con AOVE, engadir as cabezas dos lagostinos, as espiñas do rape, unhas hebras de azafrán e sazonar. Cubrir con auga e engadir a parte verde do allo porro. Cocer durante 30 minutos ata facer o caldo de peixe.
  4. – Fundir a manteiga nunha tixola. Engadir a fariña e remover. Incorporar o leite tépedo aos poucos. Cando estea lista a salsa, introducir o rape e os lagostinos e engadir un pouco de caldo de peixe. Remover. Retirar e arrefriar a masa, tapada, no frigorífico.
  5. – Pelar e partir un dente de allo e a parte branca do allo porro. Sofritir ata que estean dourados e engadir o tomate pelado e partido.  Salpimentar. Incorporar dous pementos partidos e engadir un vaso de caldo de peixe. Cando se evapore a auga, triturar.
  6. – Encher os pementos coa masa fría e asar a 180º C durante 10 min. Retirar e engadir a salsa e o perexil.
* Unha receita perfecta para deixar feita, quentar durante uns minutos ao forno e gozar do Nadal… e da compañía. Deséxovos a tod@s unhas moi Felices Festas. Brindemos por un 2022 cheo de ledicia🥂

    ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

    A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

    "Disfruta sin gluten"

    Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

    Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

    Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

    DOCE de NADAL: Crema de turrón e nata con galletas do Nadal

    Traduce el texto/Translate

    Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

    INGREDIENTES 

    Crema de turrón (4 copas)

    • 1 tableta de turrón Jijona
    • 500 ml. de nata de repostería
    • 3 ovos
    • Azucre ao gusto
    • Améndoa crocante e grosella vermella para decorar

    Galletas do Nadal (24 galletas)

    • 60 gr. de améndoa moída
    • 40 gr. de cacahuete en po
    • 100 gr. de fariña de arroz
    • 8 dátiles
    • Xenxibre en po, canela, noz moscada
    • 5 onzas de chocolate (85% de cacao)
    • 1 cullerada pequeña de aceite de coco
    ELABORACIÓN

    Crema de turrón e nata

    1. – Separar as xemas das claras.
    2. – Mesturar o turrón partido, 200 ml. de nata e as tres xemas e triturar ata que quede unha crema.
    3. – Quentar a crema a lume lento para que espese un pouco, sen que chegue a ferver. Retirar do lume e amornar.
    4. – Bater as claras a piques de neve. Mesturar as claras coa crema de turrón con movementos suaves e envolventes. Deixar arrefriar na neveira.
    5. – Bater a nata restante con azucre ao gusto e montar as copas con nata e crema de turrón. Decorar con anaquiños de améndoa crocante e grosella vermella.

    Galletas do Nadal

    1. – Partir e remollar os  dátiles en auga quente durante 10 minutos. Triturar cun pouco de auga.
    2. – Engadir un chisco das especias á améndoa, o cacahuete en po e a fariña de arroz. Incorporar a pasta de dátiles e amasar. Gardar a masa na neveira durante 30 minutos.
    3. – Estirar a masa cun rodete sobre un papel sulfurizado e facer figuras cos moldes do Nadal para galletas.
    4. – Introducir no forno prequentado a 180º C. e asar durante 15 minutos. Retirar e deixar que arrefríen.
    5. –  Derretir as onzas de chocolate cunha  cullerada pequeña de aceite de coco e bañar as galletas.
    * O turrón brando ou de  Jijona está feito con azucre, améndoas e mel. As améndoas conteñen  hidratos de carbono, vitaminas A, B, D e minerais como calcio, ferro, fósforo e  potasio. Unha sobremesa perfecta para un capricho san e rico, porque non todo o ano é Nadal wink

      ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

      A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

      "Disfruta sin gluten"

      Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

      Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

      Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

      Libriños de follado con salmón e ensalada de mango

      Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

      INGREDIENTES 
      • 1 lámina de follado sen glute
      • 1 ovo
      • Salmón afumado
      • Queixo tetilla
      • Espárragos trigueiros
      • 1 aguacate
      • 1 tomate
      • 1 mango
      • AOVE, sal, vinagre de Módena
      • Sementes de sésamo e mapoula
      ELABORACIÓN

      Libriños de salmón, queixo tetilla e espárragos

      1. – Prequentar o forno a 180º C.
      2. – Lavar os espárragos e refugar o extremo final.
      3. – Cortar o follado en cadrados. Colocar un anaco de queixo, un pouco de salmón afumado e un par de espárragos.
      4. – Unir dous picos do cadrado e poñer unha tira de follado por enriba.
      5. – Pintar con ovo batido e adornar con sementes de sésamo e mapoula.
      6. – Introducir no forno a 180º C durante 15 minutos.

      Ensalada de aguacate, tomate e mango

      1. – Pelar e partir un aguacate, un tomate e un mango.
      2. – Aderezar cun pouco de sal, AOVE e vinagre de Módena.
      * O salmón afumado dálle un toque salgado ao follado, pero o mango é suave e refrescante. Sabedes que o mango é a froita nacional de tres países? India, Paquistán e Filipinas outorgáronlle este título. Un bocado exquisito que nos traslada a lugares exóticos.