Showing 15 Result(s)

Flores de améndoa con curcuma latte

Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

INGREDIENTES 
  • 125 gramos de améndoa moída
  • 1 ovo
  • 4 culleradas de azucre moreno
  • 1 chisco de sal
  • Limón relado
  • Améndoa para decorar
  • Un vaso de leite ou bebida vexetal
  • Especias: cúrcuma, canela, pementa negra, cravo,
  • Aceite de coco
ELABORACIÓN

Galletas de améndoa

  1. – Quentar o forno a 170ºC con calor arriba e abaixo, sen ventilador.
  2. – Separar a clara e reservar a xema.
  3. – Montar a clara a piques de neve co chisco de sal e engadir aos poucos o azucre, o limón relado e a améndoa moída.
  4. – Mesturar a masa, formar as galletas, pincelar coa xema de ovo batida e decorar.
  5. – Enfornar a 170ºC durante 15 minutos.

Cúrcuma latte ou leite dourado

  1. -Quenta o leite ou a bebida vexetal.
  2. -Engade unha cullerada pequena de canela, unha cullerada pequena de cúrcuma, un chisco de pementa negra, dous cravos e unha cullerada pequena de aceite de coco.
* As galletiñas de améndoa podes facelas finas e crocantes ou grosas e saborosas. Coñeces a cúrcuma latte? É antioxidante, antiinflamatoria e inmunoestimulante. A pementa negra e o aceite de coco potencian as propiedades da cúrcuma. Podes adozala con azucre, mel ou pasta de dátiles. Está boísima.

    ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

    A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

    "Disfruta sin gluten"

    Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

    Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

    Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

    Bolinhas de atún e queixo con maionesa lixeira

    Translate

    Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

    INGREDIENTES (para 12 boliñas):
    • 140 gr. de atún en AOVE escorrido
    • 3 ovos
    • 100 gr. de queixo relado sen glute (utilicei Emmental)
    • 3 culleradas de pan relado sen glute
    • 1 cullerada de fariña de millo
    • 3 culleradas de fariña de améndoa
    • Sal, pementa negra, allo en po
    • AOVE e unhas pingas de zume de limón
    ELABORACIÓN

    Boliñas

    1. – Prequentar o forno a 200º C.
    2. – Mesturar o atún, o queixo relado, un ovo, dúas culleradas de pan relado, unha cullerada de fariña de millo, unha cullerada de AOVE, un chisco de allo en po e salpimentar.
    3. – Para empanar, mesturar tres culleradas de fariña de améndoa e unha cullerada de pan relado.
    4. – Formar boliñas coas mans, empanalas e colocalas sobre a bandexa do forno con papel para enfornar.
    5. – Enfornar a 200º C durante 20 minutos.

    Maionesa lixeira

    1. – Cocer 2 ovos. Reservar e pelar.
    2. – Triturar os 2 ovos cocidos con 4 culleradas de auga, 2 culleradas de AOVE, unhas pingas de limón e un chisco de sal.
    * Perfecto para acompañar con crudités de verduras (cogombro, apio, cenoria) ou patacas cuarteirón ao forno.

      ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

      A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

      "Disfruta sin gluten"

      Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

      Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

      Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

      Tortinhas de avea sen glute con crema de figos

      Traducir texto

      Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

      INGREDIENTES 
      • 1 plátano
      • 100 gramos de flocos de avea sen glute
      • 1 iogur grego
      • 9 figos
      • 1 cullerada de pasta de dátiles
      • 1 cullerada de queixo crema
      • 2 onzas de chocolate e froita para decorar
      • Canela
      ELABORACIÓN
      1.  – Prequentar o forno a 180º C.
      2. – Triturar o plátano e mesturar cos flocos de avea, unha cullerada de pasta de dátil e un chisco de canela.
      3. – Poñer a mestura nos bordos dos moldes de madalena e enfornar a 180º C durante 15 minutos. Retirar do forno e arrefriar.
      4. – Bater o iogur con 8 figos partidos e incorporar unha cullerada de pasta de dátiles e unha cullerada de queixo crema.
      5. – Encher as tortiñas coa crema de figo e decorar con froita e chocolate.
      6. – Para facer adornos con chocolate: fundir un par de onzas no microondas e facer círculos co dorso da culler sobre un anaco de papel de forno. Deixar arrefriar na neveira e darlle forma antes de que se solidifique. 
      * Os figos conteñen vitaminas antioxidantes A, E, e minerais como calcio e magnesio. Ademais, conteñen moita fibra e son prebióticos. Estimulan a microbiota e melloran o sistema dixestivo. Unha auténtica xoia da natureza.