De proximidade, así é a cociña Benboa

 

O proxecto Benboa logrou poñer no mapa a gastronomía do Mar Atlántico. Unha iniciativa empresarial que ofrece aos comensais a posibilidade de degustar produtos de proximidade, entre os que destacan peixes e marisco da pesca artesanal da zona.

 

Ler máis

Enténdense como produtos de proximidade aqueles que son de tempada e foron cultivados, capturados  ou producidos preto de onde son vendidos. Contan cunhas propiedades intrínsecas que fan que se obteñan nunha época do ano determinada segundo as condicións climatolóxicas e o terreo.

A cociña Benboa baséase nestes conceptos que contribúen a un bo hábito de consumo e o beneficio de cociñar o produto no seu momento óptimo para obter todas as súas propiedades.

A liña dos pratos da cociña Benboa baséase nos principios da dieta atlántica, cunha preparación coidada, rica e saudable. A dieta atlántica, á parte dos peixes e mariscos, tamén concede gran importancia ás carnes e vexetais da terra e os seus viños autóctonos. Benboa conta en adega coa súa propia marca Atlanteat, deliciosos viños con denominación de orixe.

A base da súa cociña identifícase coa terra galega mediante o uso de técnicas tradicionais, como o afumado, os escabeches e as brasas.

Benboa atópase nunhas instalacións que permiten ao visitante realizar un roteiro guiado: mercar na peixaría os produtos naturais da zona, adquirir os pratos cociñados para levar ou deleitarse coméndoos alí mentres observa como llos preparan no obradoiro. A comida en Benboa achégate a recrear a experiencia de estar a bordo dun barco no mar. Ingresar polas portas de Benboa significa adentrarse nunha experiencia marítima ademais de coñecer a gastronomía e os costumes culinarios de Galicia.

Benboa é unha forma saudable de coñecer en profundidade os praceres de Galicia para todo aquel que queira coñecelos.

Benboa nace en Corrubedo (Ribeira, A Coruña) no ano 2012 como unha aposta polo desenrolo sostible, para colaborar no impulso da gastronomía galega, a defensa da pesca artesanal como principal fonte de abastecemento da nosa materia prima, a protección do medio ambiente e aportar o valor que merece o produto do noso mar atlántico… Seguir lendo

FAQ, nova sección no blogue

Suscríbete ao noso blogue e non te perdas nada.

peixes

Faq: Que peixes tendes na carta?

Galego English Galego Español Moita xente pregunta a miúdo que peixes temos na carta por iso queremos despexar algunhas dúbidas ao respecto con este tema. Xunto aos peixes frescos na nosa carta atoparás un: «Consultar táboa» Peixes na táboa do día Os peixes e mariscos...
cetárea

Faq: Tendes unha cetárea?

Que é unha cetárea? As cetáreas son sistemas de mantemento de especies mariñas vivas nun medio distinto ao mar. É dicir, unha cetárea é un viveiro onde se pode almacenar e coidar o xénero as empresas adicadas á venda e distribución de marisco, sabendo que o xénero...
menus de grupo

FAQ: Tendes menús de grupo?

Cando se achegan certas datas é habitual que nos preguntedes se temos menús de grupo. En Benboa non nos esquecemos de que hai moitas celebracións que festexar cos mais achegados. Dispoñemos dunha carta de menús de grupo que podes solicitar nos nosos locais de...
restaurante dogfriendly

FAQ: Sodes un restaurante dogfriendly ?

Moitos sondes quenes nos preguntades se podedes traer o can convosco ao local. Sí, en Benboa somos un restaurante dogfriendly. Dende fai un ano e medio tomamos a firme decisión de recibir aos nosos clientes acompañados polos seus amigos peludos e non podemos estar mais contentos. Os nosos novos convidados son curiosos e educados, agardan pacientemente sen facer barullo e aceptan moi ledos unha chuche ou un pouco de auga fresca.

FAQ: Tendes Vinho da Casa?

Tenéis vino de la casa? Do you have house wine? Sí, temos viño da casa da nosa propia marca ATLANTEAT. Unha pequena xoia descuberta e producida nas bodegas galegas para Benboa. Atlanteat permite unha perfecta maridaxe coas propostas da nosa carta. Podes atopar as...
medioambiente restaurante

FAQ: Por que non usamos mantelería?

Dende que nace a idea do que hoxe somos, Benboa fixo unha importante aposta polo medio ambiente, por iso evitamos o uso de manteis, xa sexan de papel ou de tea. Con este simple xesto e boa práctica tratamos de reducir o consumo e a xeración de residuos no caso dos manteis de papel e o consumo eléctrico e de agua no caso dos manteis de tea.