Showing 6 Result(s)

Traslatio, a historia dunha viaxe

 

Por mor da celebración esta semana do Día Mundial dos Museos hoxe no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela  e ata o día 20 de maio na súa programación inclúe a proxección do documental divulgativo «Traslatio, a historia dunha viaxe» sobre a lenda fantástica da «Traslatio», na que se narra como o corpo do apóstolo Santiago chega até o noroeste da Península Ibérica.  Esta narración percorre os lugares e os acontecementos relatados no lendario onde se conta a chegada do corpo de Santiago desde Jaffa ao definitivo enterramento no bosque do Libredón. 

Podes ver o documental divulgativo «A Traslatio» no Auditorio do Museo das Peregrinacións
Pases continuos desde as 11:00 ás 13:00 en galego, castelán e inglés.
Todos os públicos

Visitas contadas
Ás 12:00h e ás 18:00h
Todos os públicos

Este ano o lema do DIM convídanos a reflexionar sobre o ‘Poder dos Museos’. Nestas visitas contadas especiais DIM veremos o poder destas entidades. Poñeremos unha lupa en toda a vida invisible que se esconde detrás dos marcos, peanas e vitrinas dos Museos. O noso obxectivo é poñer a disposición da cidadanía o seu patrimonio artístico e cultural, con todas as reviravoltas que implica. 

Visitas dispoñibles até completar capacidade. Non quedes sen a túa praza e anticípate en reservas.mdperegrinacions@xunta.gal ou no 881.867.40

Achegamoste a ligazón por se non te podes achegar a Santiago VER EN YOUTUBE

 

 

luffa

Esponxa lavalouzas made in Galicia

Traduce el texto/ Translate

Hoxe falamos de Iberluffa (Ibérica de Esponjas Vegetales S.L), unha empresa agro-forestal galega que aposta pola sustentabilidade.

Dende Pontevedra para o mundo

A maioría de esponxas de baño e de limpeza están feitas con materiais sintéticos que se desgastan converténdose en microplásticos que logo van parar ó mar. En Caldas de Reis, o empresario Juan Carlos Mascato apostou por ofrecer unha opción para substituír tanto plástico, a luffa.

A luffa é un vexetal moi similar ao cabaciño. As plantacións de luffa de Caldas de Reis son 100% sostibles baseadas nos principios naturais do ecosistema.

Durante o proceso de obtención do produto a polpa interna da luffa deshidratase e transformase en fibra. Esa fibra tratase con auga a 43º procedente das termas quentes naturais de Caldas de Reis.

Deste xeito obtéñense distintos tipos de fibras destinados a diferentes usos. A mais branda ou superbranda para uso cutáneo ou mais dura para a limpeza do fogar.

Unha vez os produtos se gastan son pura economía circular xa que xurde do seu cultivo na terra e pódese devolver a natureza como compostaxe.

Luffa

Foto: Bart Everson en Flickr.com

1001 Recetas del Palacete de las Mendoza

Traduce el texto/ Translate

 

Sobre o contido

Ángel Arcay Barral é un historiador mozo nado en Betanzos (A Coruña), neste libro que acada de auto-editar e que ten por título «1001 Recetas del Palacete de las Mendoza» recolle as interesantes receitas de cociña que as acomodadas irmáns Concha e María do Palacete Mendoza de Pontevedra deixaron por escrito.

Para contextualizar este volume Arcay tamén contou coa colaboración do profesor do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra Ricardo Fernández Guerra, os xornalistas gastronómicos Ana Vega e Jorge Guitián e o investigador e xurista Ernesto Vázquez Rey.

O autor coñeceu as libretiñas coas receitas das irmáns Mendoza mentres traballaba no arquivo de Pontevedra. Segundo puidemos saber os textos están cheos de curiosidades que estas dúas mulleres avanzadas e modernas aportaban aos seus escritos con orixinalidade e bo humor. Arcay quixo conservar esta esencia e engadiu un glosario de termos ao final do volume así tamén para explicar a orixe de algúns ingredientes que as irmás conseguían en lugares polos que viaxaban. O libro esta escrito en lingua castelá e xa se pode atopar a venda a través de internet.

Foto Flickr: @juantiagues
Na actualidade o Palacete das Mendoza que se atopa no casco antigo da cidade de Pontevedra é a Sede do Patronato de Turismo Rías Baixas.

Sobre o contexto

Para poder entender, e saborear, as 1001 receitas do Palacete das Mendoza, primeiro hai que entender que supón este lugar para a historia de Galicia.

Entre as paredes desta mansión da Praza de Santa María, en Pontevedra, as fillas da pintora Carmen Babiano recrearon un mundo aínda descoñecido na Galicia de principios do século XX.

Un mundo ao que accedían persoas de diferentes procedencias, no que se conversaba en varios idiomas e no que todos os días a caixa de correos da mansión desbordaba con cartas procedentes de varios continentes.

As súas viaxes, as súas amizades ou a propia formación inculcada pola súa nai, levaron a Concha e a María Mendoza Babiano de Méndez-Núñez a revolucionar a cidade coas súas ocorrencias, que poñían en xaque ás clases máis acomodadas de Pontevedra. Dende sacar en procesión pola cidade un  orixinal de Sargadelos a organizar veladas para homenaxear a Beethoven, dende logo ninguén era indiferente ao alborozo que as irmás levantaban ao seu paso.

Mulleres cultas, libres, festeiras e cunhas biografías que hoxendía aínda contan con demasiadas sombras pero que elas parece que trataron de debullar entre as liñas dos seus libros de cociña.

Os seus receitarios, depositados hoxe xunto a todo o seu legado no Museo de Pontevedra, parecen ser anotacións gastronómicas aderezadas con pinceladas da súa vida, das súas amizades e das súas viaxes.

Poucos receitarios habería na Galicia da época máis cosmopolitas e máis refinados que os da irmáns Mendoza e poucas señoritas habería máis refinadas e cosmopolitas que Concha e María.

 

1001 Recetas del Palacete de las Mendoza

Ángel Arcay Barral é un historiador betanceiro que orientou a súa carreira profesional ao mundo dos arquivos. Precisamente do arquivo do Museo de Pontevedra rescatou (e transcribiu) os libros de cociña das irmás  Mendoza.

Os seus últimos traballos máis destacados teñen que ver tamén coas mulleres, neste caso as espontaneadas de Ferrol e Pontedeume, ou co Parque do Pasatempo de Betanzos.

 

+ cousas que ver…