Libriños de follado con salmón e ensalada de mango

Receita sen glute de Lidia Filgueira de «Disfruta Sin Gluten» para Benboa.

INGREDIENTES 
  • 1 lámina de follado sen glute
  • 1 ovo
  • Salmón afumado
  • Queixo tetilla
  • Espárragos trigueiros
  • 1 aguacate
  • 1 tomate
  • 1 mango
  • AOVE, sal, vinagre de Módena
  • Sementes de sésamo e mapoula
ELABORACIÓN

Libriños de salmón, queixo tetilla e espárragos

  1. – Prequentar o forno a 180º C.
  2. – Lavar os espárragos e refugar o extremo final.
  3. – Cortar o follado en cadrados. Colocar un anaco de queixo, un pouco de salmón afumado e un par de espárragos.
  4. – Unir dous picos do cadrado e poñer unha tira de follado por enriba.
  5. – Pintar con ovo batido e adornar con sementes de sésamo e mapoula.
  6. – Introducir no forno a 180º C durante 15 minutos.

Ensalada de aguacate, tomate e mango

  1. – Pelar e partir un aguacate, un tomate e un mango.
  2. – Aderezar cun pouco de sal, AOVE e vinagre de Módena.
* O salmón afumado dálle un toque salgado ao follado, pero o mango é suave e refrescante. Sabedes que o mango é a froita nacional de tres países? India, Paquistán e Filipinas outorgáronlle este título. Un bocado exquisito que nos traslada a lugares exóticos.

    ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

     

    A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

    "Disfruta sin gluten"

    Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

    Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

    Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *