Showing 17 Result(s)

Fabas de Lourenzá con rape, lagostinos e ameixas

Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

INGREDIENTES 
  • 500 gr. de fabas de Lourenzá
  • Caldo de peixe (cabezas de lagostinos, espiñas de rape)
  • 8 lagostinos
  • 200 gr. de rape
  • 600 gr. de ameixas
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1 tomate
  • 3 cenorias
  • AOVE, sal, azafrán, pimentón de la vera, loureiro, perexil
ELABORACIÓN

  1. – Poñer as ameixas en auga con sal groso durante unha hora (para que solten as areas). Retirar da auga e reservar.
  2. – Pelar a cenoria. Reservar.
  3. – Pelar os lagostinos, limpar, separar as cabezas e reservar.
  4. – Partir o rape, engadir sal e reservar.
  5. – Pelar e picar un dente de allo. Sofritir con AOVE, engadir as cabezas dos lagostinos, as espiñas do rape, unhas hebras de azafrán e sazonar. Agregar auga e cocer durante 30 minutos.
  6. – Pelar, partir e sofritir a cebola e un dente de allo durante 10 minutos.
  7. – Pelar e partir o tomate e incorporalo ao sofritido. Sofritir durante 5 minutos e engadir un chisco de pimentón de la vera, varias hebras de azafrán, caldo de peixe e dúas follas secas de loureiro. Cocer e cando empece a ferver engadir a cenoria e as fabas. Cando ferva outra vez, engadir un vaso de auga fría. Eliminar a escuma. Cocer ata que ases fabas estean tenras (25 minutos aproximadamente).
  8. – Retirar as cenorias, partir e triturar algúns anacos xunto á verdura e a auga de cocción.
  9. – Engadir a cenoria partida e o puré de verdura. Probar e engadir sal.
  10. – Engadir o rape partido e os lagostinos pelados. Cocer durante 4 minutos e agregar as ameixas. Cocer durante dous minutos máis, ata que se abran, engadir perexil picado e a gozar.

As fabas de Lourenzá, con Indicación Xeográfica Protexida, diferéncianse doutras pola súa escasa proporción de pel, a súa capacidade de absorción de auga e a pastosidade da súa pulpa. Combinan perfectamente co produto do mar galego. Unha auténtica exquisitez!

    ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

    A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de...

    "Disfruta sin gluten"

    Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

    Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

    Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

    Madalenas de avea e chocolate con crema de coco

    Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

    INGREDIENTES (Para 4 madalenas grandes)
    • 1 plátano
    • 2 ovos
    • 65 gr. de flocos de avea sen glute
    • 40 gr. de chocolate fundido con 1 cullerada pequena de aceite de coco
    • 1 cullerada pequeña de fermento
    • Pingas de chocolate
    • Fideos de chocolate
    • 1 bote de leite de coco (400 gr.)
    • 50 gr. de fariña fina de millo
    • Mel
    • Zume de limón
    madalenas de chocolate sen glute
    ELABORACIÓN

    Madalenas de chocolate

    1. – Prequentar o forno a 200° C.
    2. – Fundir o chocolate cunha cullerada pequena de aceite de coco e  triturar todos os ingredientes.
    3. –  Verter a masa enchendo os moldes de madalena e introducir pingas de chocolate.
    4. – Enfornar a 200º C durante 15 minutos.

    Crema de coco

    1. – Separar un pouco de leite de coco e disolver a fariña fina de millo.
    2. – Poñer a quentar o resto de leite de coco a lume lento e incorporar o leite coa fariña fina de millo.
    3. – Revolver ata que espese. Retirar do lume, incorporar unha cullerada de mel e unhas pingas de zume de limón e arrefriar.
    4. – Adornar as madalenas coa crema de coco e engadir fideos de chocolate por enriba.

    * Para que as madalenas sexan aptas para celíacos, é necesario que a avea estea certificada como sen glute. O leite de coco non contén lactosa, pero si minerais como calcio, magnesio e potasio. Posúe unha textura cremosa que combina á perfección co chocolate e dálle un toque tropical a esta receita.

      ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

      A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

      "Disfruta sin gluten"

      Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

      Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

      Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

      Ensalada de cogollos de Tudela con lagostinos á prancha, aguacate e laranxa

      Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

      INGREDIENTES (1 persoa)
      • 5 lagostinos
      • 1 dente de allo
      • 1 cogollo de Tudela
      • 1 laranxa
      • 1 ravo
      • 4 tomates cereixa
      • Canónigos
      • AOVE, sal e limón
      Cogollos de Tudela
      ELABORACIÓN
      1. – Pelar e limpar os lagostinos. Sofritir un dente de allo con AOVE e incorporar os lagostinos. Cando estean dourados, engadir un chisco de sal e zume de limón.
      2. – Cortar a laranxa á metade. Partir varios anacos e facer zume coa outra metade. Reservar.
      3. – Pelar, partir e triturar o aguacate cun pouco de sal e limón e colocalo sobre catro follas de cogollos. Colocar sobre eles a laranxa partida e os lagostinos.
      4. – Partir os tomates e o ravo.
      5. – Mesturar varios anacos de cogollos coa laranxa, os ravos, os canónigos e os tomates cereixa cunha vinagreta de AOVE, sal e zume de laranxa.

      Como todos os mariscos, os lagostinos son ricos en proteínas e posúen vitaminas do grupo B (B3, B9, B12) e minerais como calcio, potasio e sodio. Normalmente consumímolos con zume de limón, pero, probástelos con laranxa? Impresionantes!