Ensalada de quinoa, pementos asados e xurel ao forno
Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.
INGREDIENTES
- Quinoa
- Pementos vermellos, verdes e amarelos
- 1 xurelo aberto
- 1 dente de allo
- 1 cenoria
- Sementes de sésamo
- AOVE, sal, pementa negra
ELABORACIÓN
- – Prequentar o forno a 200º C.
- – Lavar a quinoa. Cocer en auga con sal. Retirar a auga e reservar.
- – Asar o xurelo ao forno durante 20-30 minutos. Cando arrefríe, retirarlle as espiñas e a pel.
- – Asar os pementos durante unha hora, ao mesmo tempo que o peixe, pero noutra fonte. Darlles a volta cando leven 30 minutos no forno. Ao sacalos do forno, cubrilos. Pelalos cando arrefríen e aderezalos con AOVE, sal e pementa.
- – Pelar, laminar e sofritir un dente de allo (mellor ao wok). Pelar e cortar a cenoria co pelador.
- – Engadir a cenoria ao sofritido. Incorporar a quinoa e as sementes de sésamo e saltear durante un par de minutos.
- – Empratar a quinoa cos pementos e o peixe cun pouco de AOVE e sal en escamas.
¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!
A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…
"Disfruta sin gluten"
Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas.
Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.
Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso.