DOCE de NADAL: Crema de turrón e nata con galletas do Nadal

Traduce el texto/Translate

Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

INGREDIENTES 

Crema de turrón (4 copas)

  • 1 tableta de turrón Jijona
  • 500 ml. de nata de repostería
  • 3 ovos
  • Azucre ao gusto
  • Améndoa crocante e grosella vermella para decorar

Galletas do Nadal (24 galletas)

  • 60 gr. de améndoa moída
  • 40 gr. de cacahuete en po
  • 100 gr. de fariña de arroz
  • 8 dátiles
  • Xenxibre en po, canela, noz moscada
  • 5 onzas de chocolate (85% de cacao)
  • 1 cullerada pequeña de aceite de coco
ELABORACIÓN

Crema de turrón e nata

  1. – Separar as xemas das claras.
  2. – Mesturar o turrón partido, 200 ml. de nata e as tres xemas e triturar ata que quede unha crema.
  3. – Quentar a crema a lume lento para que espese un pouco, sen que chegue a ferver. Retirar do lume e amornar.
  4. – Bater as claras a piques de neve. Mesturar as claras coa crema de turrón con movementos suaves e envolventes. Deixar arrefriar na neveira.
  5. – Bater a nata restante con azucre ao gusto e montar as copas con nata e crema de turrón. Decorar con anaquiños de améndoa crocante e grosella vermella.

Galletas do Nadal

  1. – Partir e remollar os  dátiles en auga quente durante 10 minutos. Triturar cun pouco de auga.
  2. – Engadir un chisco das especias á améndoa, o cacahuete en po e a fariña de arroz. Incorporar a pasta de dátiles e amasar. Gardar a masa na neveira durante 30 minutos.
  3. – Estirar a masa cun rodete sobre un papel sulfurizado e facer figuras cos moldes do Nadal para galletas.
  4. – Introducir no forno prequentado a 180º C. e asar durante 15 minutos. Retirar e deixar que arrefríen.
  5. –  Derretir as onzas de chocolate cunha  cullerada pequeña de aceite de coco e bañar as galletas.
* O turrón brando ou de  Jijona está feito con azucre, améndoas e mel. As améndoas conteñen  hidratos de carbono, vitaminas A, B, D e minerais como calcio, ferro, fósforo e  potasio. Unha sobremesa perfecta para un capricho san e rico, porque non todo o ano é Nadal wink

    ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

     

    A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

    "Disfruta sin gluten"

    Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

    Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

    Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *