Receita sen glute de Lidia Filgueira de «Disfruta Sin Gluten» para Benboa.
INGREDIENTES
- 12 pementos do piquillo
- 150 gr. de rape
- 150 gr. de lagostinos (12 lagostinos)
- Caldo de peixe (cabezas de lagostinos, espiñas de rape)
- 220 ml. de leite enteiro
- 25 gr. de fariña fina de millo
- 25 gr. de manteiga
- 120 ml. de viño branco
- 3 dentes de allo
- 1 cebola
- 1 allo porro
- 2 tomates
- AOVE, sal, pementa negra, noz moscada, azafrán, perexil
ELABORACIÓN
- – Pelar e picar un dente de allo e a cebola. Sofritir cun chisco de sal. Cando estean dourados, engadir o viño branco. Deixar reducir ata que se evapore o alcol. Salpimentar.
- – Pelar os lagostinos, limpar e reservar as cabezas. Partir os lagostinos e o rape. Incorporalos á tixola durante cinco minutos. Salpimentar. Retirar e reservar.
- – Pelar e picar un dente de allo. Sofritir con AOVE, engadir as cabezas dos lagostinos, as espiñas do rape, unhas hebras de azafrán e sazonar. Cubrir con auga e engadir a parte verde do allo porro. Cocer durante 30 minutos ata facer o caldo de peixe.
- – Fundir a manteiga nunha tixola. Engadir a fariña e remover. Incorporar o leite tépedo aos poucos. Cando estea lista a salsa, introducir o rape e os lagostinos e engadir un pouco de caldo de peixe. Remover. Retirar e arrefriar a masa, tapada, no frigorífico.
- – Pelar e partir un dente de allo e a parte branca do allo porro. Sofritir ata que estean dourados e engadir o tomate pelado e partido. Salpimentar. Incorporar dous pementos partidos e engadir un vaso de caldo de peixe. Cando se evapore a auga, triturar.
- – Encher os pementos coa masa fría e asar a 180º C durante 10 min. Retirar e engadir a salsa e o perexil.
¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!
A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…
"Disfruta sin gluten"
Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas.
Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.
Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso.