Teléfono +34 679 805 676 · e-mail compostela@benboa.com
Rúa do Preguntoiro, 41 C.P. 15704 Santiago de Compostela
Benboa Compostela
A histórica droguería Perez-Labarta é o lugar escollido en 2018 para ubicar o Benboa da cidade pétrea. Seguindo a filosofía Benboa, a restauración do local fíxose pensando no seu valor histórico, por iso se respectaron e aproveitaron as antigas estruturas, xunto a reutilización de materiais naturais aportando, de este xeito, o noso graíño de area a saúde do planeta.
ASI TRABALLAMOS EN COMPOSTELA
A Compostela non só achegamos un anaco de Corrubedo na nosa carta se non que tamén facemos posible que acotío, na peixería do local, atopes peixes e mariscos de tempada frescos procedentes da lonxa de Ribeira. O comensal pode escoller a pez que mais se lle antolle, que se pesará e elaborará ao momento no noso obradoiro mediante unha saborosa, e mais sinxela preparación, enxalzando os principios saudables da dieta atlántica. Podes degustalo no comedor ou pedilo para levar!
A entrada principal de Benboa Compostela é pola rúa do Preguntoiro mais pódese acceder tamén pola parte de atrás, onde se atopa a terraza exterior, na rúa Altamira. Benboa Compostela conta con taberna, comedor, peixería, obradoiro e terraza.