


Agasallos solidarios, proxectos que aportan
Traduce el texto
Fai unhas semanas falabamos de ideas que vos puidesen axudar cos vosos agasallos de Nadal e hoxe traemos unhas ideas de agasallos solidarios para o día de Reis. En internet podes atopar un montón de ideas para que, aparte de facer un detalle, ese regalo teña un extra de valor solidario engadido.
Neste post vámonos a centrar en proxectos solidarios que se poden localizar na plataforma teaming. Axudar en forma de agasallos solidarios ten dobremente valor. Teaming é a idea de que se cada persoa doa unha cantidade simbólica ao mes, podemos axudar moitísimo as causas sociais e facer realidade moitos soños.
Nesta plataforma podes atopar interesantes proxectos que, aparte de aceptar doacións por un euro o mes, crean os seus propios produtos para a recadación da causa. A continuación mencionamos uns cantos deles que creemos vos poden resultar de interese.
Agasallos solidarios 1: “Gatos nas árbores” se atopa en Vigo
Este proxecto naceu fai anos das mans de dúas mozas preocupadas polos dereitos dos animais. Dende a sua “comuna gatuna” en Vigo, traballan de xeito independente a prol dos felinos e outras especies de animais indefensos que o precisen.
Estas mozas crearon tamén a sua propia marca de roupa sostible “Purrtees”. Os deseños, que son todos da súa autoría, se atopan a venda na tenda online que teñen na plataforma creativa Etsy.
Ademais, para amosar o traballo que realizan utilizan as redes sociais facebook e instagram onde contan con unha cantidade de seguidores amantes dos animais, principalmente dos gatos.
Dende este verán os nosos locais Benboa son Dog Friendly e estamos encantados de selo ❤.
Agasallos solidarios 2: “Fundación Galicia Verde” se atopa en Forcarei, Pontevedra
A Fundación Galicia verde é unha organización sen ánimo de lucro que propugna a soberanía alimentaria con base na agricultura ecolóxica e a dignificación do agricultor. Na súa campaña de recadación en teaming o 100% é destinado a recuperar sementes autóctonas e a crear un banco de sementes para poñelas a dispor da sociedade.
Na súa páxina web propulsan a creación de “corredores verdes” ao redor dos pobos e cidades para abastecelos de alimentos frescos dende a proximidade. Todo isto é posible aproveitando o bo facer dos nosos agricultores e fixando poboación no rural.
Para financiar este proxecto a asociación creou dúas tendas onde atoparás sémolas e outros produtos.
Tamén podes axudar o proxecto facéndote socio, voluntario, activista ou dóante.
Agasallo solidario 3: “CEMMA, Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños” Nigrán, Vigo.
A CEMMA é unha ONG galega fundada en 1992, adicada ao estudo, conservación e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, promovendo e participando en proxectos de investigación en diferentes ámbitos. Responsable da Rede de Varamentos de Galicia (banco de mostras biolóxicas, recuperación e estudo poboacional).
Para o financiamento do proxecto existen varias accións entre elas a asoaciacón. A investigación das especies mariñas e o mantemento de vehículos, barco e local conleva grandes gastos. Se queres colaborar coas actividades de CEMMA sen necesidade de asociarte, podes optar pola doazón de material ou económica, grazas ás cales estarás colaborando na conservación de especies ameazadas como a toniña, e na divulgación do noso patrimonio natural.
Se buscas unha forma alternativa de colaborar, podes apadriñar/amadriñar un arroaz e poñerlle nome ou facerte coa banda deseñada “Gol, aventuras no mar” por 14€ (envío incluido a España).
Podes seguir o proxecto nas redes sociais de facebook e instagram.
Agardamos que algunha destas tres ideas vos serva de axuda neste próximo día de Reis, ou quizais, tamén sirvan de idea para outros eventos como bodas, onde facer agasallos solidarios para os convidados é o mellor detalle que se poida ter.
Se queres recibir artigos coma este suscríbete a nosa listaxe Todas as novas.
Se tes un proxecto sostible con potencial e queres gañar visibilidade na rede, escríbenos a social@benboa.com, gustaríanos poder falar del na nosa sección do blogue “Proxectos que aportan”.

A dieta atlántica e o estilo de vida: o gran segredo da lonxevidade dos galegos
Foto en portada: Núria i JC (Flickr)
O segredo da lonxevidade dos galegos
Como unha persoa pode vivir tanto tempo?, Cal será o segredo da súa longa vida? Como se mantén así de saudable? estas preguntas son as que con frecuencia facémonos cando vemos persoas que logran chegar aos 80 anos e seguen cun prognóstico de vida de polo menos 10 anos máis.
Este é o noso caso, o dos galegos que por tradición logramos chegar a idades sobre os 85 anos con moi boa calidade de vida. De acordo con moitos estudos sobre o tema a lonxevidade dos galegos foi atribuído á súa dieta atlántica e ao seu estilo de vida tranquilo con pouco estrés. Tamén se fala da nosa xenética.
Galicia é unha das zonas de Europa onde unha maior porcentaxe da poboación supera a esperanza media de vida en 4 puntos, ata os 83 anos. Explícano factores ambientais, como o estilo de vida atlántica, e a xenética. Nese estilo de vida resaltan unha dieta baseada no consumo de alimentos de tempada, locais, frescos e pouco procesados, con abundancia de vexetais, peixes e mariscos, uso de aceite de oliva e unha preparación culinaria con predominio da cocción, guisado e á brasa; e compleméntase con actividade física, como desprazamentos a pé, favorecidos polas condicións do aire que respiramos.
Institucións, como as consellerías de Sanidade e Mar, e a USC; unha nutrida representación da industria alimentaria galega; investigadores de varias universidades; e profesionais da saúde, o deporte, o ensino e doutros ámbitos, apoian o patrimonio gastronómico e cultural asociados a ese estilo de vida atlántico característico do sur de Europa, compartido por Galicia e o norte de Portugal.
O segredo da lonxevidade está na despensa
Moitos dos estudos realizados sobre este tema chegan á conclusión de que o segredo da lonxevidade dos galegos «está na nosa despensa. Porque os galegos que agora teñen 100 anos, antes tiñan na súa despensa grandes cantidades de verdura, de froita, de peixe, as castañas, os grelos, os lácteos, as súas conservas e o aceite de oliva. Estes alimentos teñen vitaminas, minerais, graxas saudables, proteínas de alta calidade e outras propiedades que melloran a nosa saúde», di o experto do estudo. Ademais, «estes alimentos preveñen o diabetes, a enfermidade cardiovascular, o risco de cancro e de morte prematura. Tamén axudan a manter un peso saudable e favorecen perder graxa, a gañar músculo e a reducir o perímetro da cintura».
Alimentos frescos
Resáltase na dieta do galegos o consumo de peixe e de verduras como o grelo ou o brócoli, polas súas propiedades máis beneficiosas, e que distinguen a dieta atlántica fronte a outras tamén valiosas como a dieta mediterránea. O IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela) preocúpase agora en poñer máis en evidencia os beneficios do grelo; e parte da hipótese de que son semellantes aos do brócoli, xa demostrados, polas semellanzas entre ambas verduras. Hai que elixir bos alimentos, frescos, de proximidade e de tempada, no canto de procesados, polos seus efectos antitumorais, antioxidantes e outros que achegan «beneficios importantes para a saúde». Pero a dieta atlántica, «ademais dunha alimentación saudable inclúe un estilo de vida que contempla o exercicio físico nas actividades diarias, no canto do sedentarismo; e prácticas que contribúen ao benestar, como comer en familia, ao redor da mesa, conversando, ou participando en festas familiares. Son factores ambientais que resultan positivos para un bo estado de saúde e para envellecer de forma máis saudable».
Segundo os expertos, “unha boa dieta resulta máis adecuada para conseguir beneficios na práctica clínica máis rápido que o desenvolvemento dun fármaco».
Aportacións, suxerencias, agradecementos…? Anímate a deixar un comentario neste artigo sobre #dietaatlantica
Suscríbete a listaxe “Todas as novas” do noso blogue para recibir as novidades en dieta atlántica no teu correo!