Showing 7 Result(s)
que significa benboa

FAQ: Que significa “Benboa”?

Traduce esta entrada:

Que significa “Benboa”?

 

Que significa “Benboa”? é algo moi común que moitos dos nosos comensais nos pregunten. Ante esta dúbida queremos facer esta nova FAQ para engadir a listaxe.

Seguramente que con este dato haxa menos persoas etiquetándonos incorrectamente nas redes sociais  como Bemboa, benvoa, venboa, etc. A min, antes de coñecer a procedencia, e, antes de ser traballadora desta gran familia, tamén me ocorreu o de transcribir mal o nome. O feito de coñecer a orixe facilitoume moito a vida, dende esa, nunca houbo erro. Así que deixemos atrás o misterio e imos resolvelo coa lóxica, nai de tódalas ciencias.

A orixe do nome do Benboa

Para entender como escribilo correctamente temos que coñecer de onde procede o nome:

– Meu Rei, como esta a comida hoxe?
– Esta ben boa avoíña!

A expresión “ben boa” en castelán “bien buena”, úsase para describir unha experiencia satisfactoria como por exemplo felicitar aos cociñeiros pola comida despois dun bo enchente 😉

De xuntar estas dúas verbas nunha soa naceu o que coñecemos como Benboa.

Para saber máis curiosidades do Benboa

Se queres coñecer mais curiosidades como esta bota un vistazo a nosa sección FAQ ou suscríbete ao noso blogue.

Tamén podes comentar calquer dúbida nos comentarios desta entrada do blogue ou no correo social@benboa.com

 

peixes

Faq: Que peixes tendes na carta?

Moita xente pregunta a miúdo que peixes temos na carta por iso queremos despexar algunhas dúbidas ao respecto con este tema.

Xunto aos peixes frescos na nosa carta atoparás un: “Consultar táboa”

Peixes na táboa do día

Os peixes e mariscos que ofrecemos no noso gastromercado son peixes frescos capturados a diario polos barcos que faenan nas nosas costas. Dependemos das capturas diarias pero pode ser que, aínda sendo a tempada de algún peixe en particular, non o teñamos porque non foi presa nas capturas. Dependemos da estación do ano, da sorte e tamén da casualidade da faena de ese día de traballo. Na táboa que atoparás en cada local Benboa indicamos cada día de que especies dispoñemos no gastromercado.

Hai peixes frecuentes durante todo o ano e por outra banda hai peixes que están dispoñibles só en meses concretos. Para ter unha idea xeral fixemos  uns breves apuntes a ollo dos peixes segundo a tempada:

PRIMAVEIRA
Atún, congro, lirio, xarda,San Martiño, linguado, pescada, rodaballo galego, raia, peixe sapo, sardiña.

VERÁN
Sardiña, bonito, peixe espada, escarapote, xurelo, chincho.

OUTONO
Como nos di Rogelio Santos Queiruga  nesta tempada “todo o peixe esta bo”. Eses que son deste tempo son:
Dourada salvaxe, robaliza, salmonete ou barbo

INVERNO
Ollomol, robaliza salvaxe, bacallau, xarda.

Comer especies de tempada é bo para coidar a nosa saúde pois non hai mellor produto que o de proximidade. Para que consumir peixe na tua dieta sexa ben doado podes seguir os consellos de “Vai de peixe” e mergullarte de cheo cos produtos do mar.

Que non sabes recoñecer nin diferenciar un peixe de outro? Suscríbete ao noso blogue e toma nota!

Por certo, sabías cal é o segredo da nosa lonxevidade?

cetárea

Faq: Tendes unha cetárea?

Que é unha cetárea?

As cetáreas son sistemas de mantemento de especies mariñas vivas nun medio distinto ao mar. É dicir, unha cetárea é un viveiro onde se pode almacenar e coidar o xénero as empresas adicadas á venda e distribución de marisco, sabendo que o xénero permanecerá fresco e vivo en todo momento ata a súa saida.

Tendes unha cetárea?

Tenéis una cetárea?

En Benboa Corrubedo coidamos os nosos mariscos procedentes da flota artesanal en 25.000 litros de agua directa do mar controlada, natural e purificada.

nivel enerxético a nosa cetaria é un sistema de aproveitamento da temperatura. Unha xeotermia pero coa auga que entra do mar que, mediante unhas bombas de calor, aproveita a auga quente para os lavalouzas ou para a calefacción no inverno e, a auga fría, para o arrefriamento dos equipos frigoríficos ou a climatización no verán.

 

Séguenos nas redes sociais  e non te perdas ningunha novidade.

Suscríbete ao noso blogue e segue todas as novas.