Nacemos

 

Benboa nace en Corrubedo (Ribeira, A Coruña) no ano 2012 como unha aposta polo desenrolo sostible, para colaborar no impulso da gastronomía galega, a defensa da pesca artesanal como principal fonte de abastecemento da nosa materia prima, a protección do medio ambiente e aportar o valor que merece o produto do noso mar atlántico.

«En Ribeira atopase unha das mais importante lonxas de baixura de Europa»

O sector pesqueiro é o motor do Concello de Ribeira e posúe unha das lonxas de baixura mais importantes e con mais movemento de España.

Ademais, a parroquia de Corrubedo, pertencente a este concello, ten un meirande atractivo turístico, grazas o seu significativo faro e o coñecido Parque Natural das Dunas.

SOMOS MAR


Benboa pon o foco da súa cociña nos produtos do mar atlántico procedentes da pesca artesanal así como nas carnes de orixe galega.

Na nosa carta atoparás unha reformulación dos pratos tradicionais con receitas nutricionais melloradas que manteñen o sabor, textura e aspecto dos alimentos.

O resultado, son saborosos e fusionados pratos da nosa gastronomía elaborados cos ingredientes principais da Dieta Atlántica.

A cetaria

En Benboa Corrubedo coidamos os nosos mariscos procedentes da flota artesanal en 25.000 litros de agua directa do mar controlada, natural e purificada.

A nivel enerxético a nosa cetaria é un sistema de aproveitamento da temperatura. Unha xeotermia pero coa auga que entra do mar que, mediante unhas bombas de calor, aproveita a auga quente para os lavalouzas ou para a calefacción no inverno e, a auga fría, para o arrefriamento dos equipos frigoríficos ou a climatización no verán.

Benboa Corrubedo

O primeiro restaurante Benboa ubicase no porto da vila mariñeira de Corrubedo, no concello de Ribeira, onde antigamente, a finais do século XIX, se localizaba un almacén de salgadura que mantivo a súa actividade ata 1950. Este edificio se rehabilitou mantendo a sua historia, reutilizando materiais como a pedra, o ferro e madeira de batea reciclada.

Na  peixería de Benboa podes escoller o peixe fresco para levar ou para degustar no noso comedor seguindo o proceso de cociña no obradoiro onde os nosos cociñeiros elaboran os pratos á brasa, como principal técnica de cocción, adquirindo os sutís matices da madeira xunto o uso de ingredientes 100% naturais e sen aditivos.

Na terraza, taberna e comedor de Benboa podes deleitarte coa calidade da nosa cociña atlántica acompañada cun viño con d.o das bodegas, sobretodo da nosa terra.

Benboa Compostela

A histórica droguería Perez-Labarta é o lugar escollido en 2018 para ubicar o Benboa da cidade pétrea. Seguindo a filosofía Benboa, a restauración do local fíxose pensando no seu valor histórico, por iso se respectaron e aproveitaron as antigas estruturas, xunto a reutilización de materiais naturais aportando, de este xeito, o noso graíño de area a saúde do planeta.

A Compostela non só achegamos un anaco de Corrubedo na nosa carta se non que tamén facemos posible que acotío na nosa peixería sírvanse os peixes e mariscos de tempada frescos procedentes da lonxa de Ribeira. O comensal pode escoller a peza da nosa peixería que mais se lle antolle, que se pesará e elaborará ao momento no noso obradoiro mediante unha saborosa, e mais sinxela preparación, enxalzando os principios saudables da dieta atlántica.

A entrada principal de Benboa Compostela atopase na rúa do Preguntoiro mais pódese acceder tamén pola parte de atrás, onde se atopa a terraza, na rúa Altamira. Benboa Compostela conta con taberna, comedor, peixería, obradoiro e terraza.

Benboa A Coruña

En 2020 damos vida a un novo e terceiro espazo Benboa en Coruña. Unha pequena, mais acolledora, taberna mariñeira situada na coñecida rúa Galera da Coruña.

Esta vez enfocámonos en ofrecer unha carta unicamente con propostas elaboradas con produtos do mar así como mariscos e peixes frescos de cada tempada dispoñibles na nosa peixería preparados no forno josper.

Benboa A Coruña conta con taberna, peixería e terraza exterior. Se trata dun concepto de cociña de áxil elaboración  mais con receitas sinxelas, innovadoras e do mais saudables.