Agasallos solidarios, proxectos que aportan

Traduce el texto

Fai unhas semanas falabamos de ideas que vos puidesen axudar cos vosos agasallos de Nadal e hoxe traemos unhas ideas de agasallos solidarios para o día de Reis. En internet podes atopar un montón de ideas para que, aparte de facer un detalle, ese regalo teña un extra de valor solidario engadido.

Neste post vámonos a centrar en proxectos solidarios que se poden localizar na plataforma teaming. Axudar en forma de agasallos solidarios ten dobremente valor. Teaming é a idea de que se cada persoa doa unha cantidade simbólica ao mes, podemos axudar moitísimo as causas sociais e facer realidade moitos soños.

Nesta plataforma podes atopar interesantes proxectos que,  aparte de aceptar doacións por un euro o mes, crean os seus propios produtos para a recadación da causa. A continuación mencionamos uns cantos deles que creemos vos poden resultar de interese.

Agasallos solidarios 1: “Gatos nas árbores” se atopa en Vigo

Este proxecto naceu fai anos das mans de dúas mozas preocupadas polos dereitos dos animais. Dende a sua “comuna gatuna” en Vigo, traballan de xeito independente a prol dos felinos e outras especies de animais indefensos que o precisen.

Estas mozas crearon tamén a sua propia marca de roupa sostible “Purrtees”. Os deseños, que son todos da súa autoría, se atopan a venda na tenda online que teñen na plataforma creativa Etsy.

Ademais, para amosar o traballo que realizan utilizan as redes sociais facebook e instagram onde contan con unha cantidade de seguidores amantes dos animais, principalmente dos gatos.

Dende este verán os nosos locais Benboa son Dog Friendly e estamos encantados de selo .

Agasallos solidarios 2: “Fundación Galicia Verde” se atopa en Forcarei, Pontevedra

A Fundación Galicia verde é unha organización sen ánimo de lucro que propugna a soberanía alimentaria con base na agricultura ecolóxica e a dignificación do agricultor. Na súa campaña de recadación en teaming o 100%  é destinado a recuperar sementes autóctonas e a crear un banco de sementes para poñelas a dispor da sociedade.

Na súa páxina web propulsan a creación de “corredores verdes” ao redor dos pobos e cidades para abastecelos de alimentos frescos dende a proximidade. Todo isto é posible aproveitando o bo facer dos nosos agricultores e fixando poboación no rural. 

Para financiar este proxecto a asociación creou dúas tendas onde atoparás sémolas e outros produtos.

Tamén podes axudar o proxecto facéndote socio, voluntario, activista ou dóante.

Agasallo solidario 3: “CEMMA, Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños” Nigrán, Vigo.

 

A CEMMA é unha ONG galega fundada en 1992, adicada ao estudo, conservación e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, promovendo e participando en proxectos de investigación en diferentes ámbitos. Responsable da Rede de Varamentos de Galicia (banco de mostras biolóxicas, recuperación e estudo poboacional).

Para o financiamento do proxecto existen varias accións entre elas a asoaciacón. A investigación das especies mariñas e o mantemento de vehículos, barco e local conleva grandes gastos. Se queres colaborar coas actividades de CEMMA sen necesidade de asociarte, podes optar pola doazón de material ou económica, grazas ás cales estarás colaborando na conservación de especies ameazadas como a toniña, e na divulgación do noso patrimonio natural.

Se buscas unha forma alternativa de colaborar, podes apadriñar/amadriñar un arroaz e poñerlle nome ou facerte coa banda deseñada “Gol, aventuras no mar” por 14€ (envío incluido a España).

Agardamos que algunha destas tres ideas vos serva de axuda neste próximo día de Reis, ou quizais, tamén sirvan de idea para outros eventos como bodas, onde facer agasallos solidarios para os convidados é o mellor detalle que se poida ter.

Se queres recibir artigos coma este suscríbete a nosa listaxe Todas as novas.

Se tes un proxecto sostible con potencial e queres gañar visibilidade na rede, escríbenos a social@benboa.com, gustaríanos poder falar del na nosa sección do blogue “Proxectos que aportan”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *