Showing 2 Result(s)

Agasallos solidarios, proxectos que aportan

Traduce el texto

Fai unhas semanas falabamos de ideas que vos puidesen axudar cos vosos agasallos de Nadal e hoxe traemos unhas ideas de agasallos solidarios para o día de Reis. En internet podes atopar un montón de ideas para que, aparte de facer un detalle, ese regalo teña un extra de valor solidario engadido.

Neste post vámonos a centrar en proxectos solidarios que se poden localizar na plataforma teaming. Axudar en forma de agasallos solidarios ten dobremente valor. Teaming é a idea de que se cada persoa doa unha cantidade simbólica ao mes, podemos axudar moitísimo as causas sociais e facer realidade moitos soños.

Nesta plataforma podes atopar interesantes proxectos que,  aparte de aceptar doacións por un euro o mes, crean os seus propios produtos para a recadación da causa. A continuación mencionamos uns cantos deles que creemos vos poden resultar de interese.

Agasallos solidarios 1: «Gatos nas árbores» se atopa en Vigo

Este proxecto naceu fai anos das mans de dúas mozas preocupadas polos dereitos dos animais. Dende a sua «comuna gatuna» en Vigo, traballan de xeito independente a prol dos felinos e outras especies de animais indefensos que o precisen.

Estas mozas crearon tamén a sua propia marca de roupa sostible «Purrtees». Os deseños, que son todos da súa autoría, se atopan a venda na tenda online que teñen na plataforma creativa Etsy.

Ademais, para amosar o traballo que realizan utilizan as redes sociais facebook e instagram onde contan con unha cantidade de seguidores amantes dos animais, principalmente dos gatos.

Dende este verán os nosos locais Benboa son Dog Friendly e estamos encantados de selo .

Agasallos solidarios 2: «Fundación Galicia Verde» se atopa en Forcarei, Pontevedra

A Fundación Galicia verde é unha organización sen ánimo de lucro que propugna a soberanía alimentaria con base na agricultura ecolóxica e a dignificación do agricultor. Na súa campaña de recadación en teaming o 100%  é destinado a recuperar sementes autóctonas e a crear un banco de sementes para poñelas a dispor da sociedade.

Na súa páxina web propulsan a creación de «corredores verdes» ao redor dos pobos e cidades para abastecelos de alimentos frescos dende a proximidade. Todo isto é posible aproveitando o bo facer dos nosos agricultores e fixando poboación no rural. 

Para financiar este proxecto a asociación creou dúas tendas onde atoparás sémolas e outros produtos.

Tamén podes axudar o proxecto facéndote socio, voluntario, activista ou dóante.

Agasallo solidario 3: «CEMMA, Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños» Nigrán, Vigo.

 

A CEMMA é unha ONG galega fundada en 1992, adicada ao estudo, conservación e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia, promovendo e participando en proxectos de investigación en diferentes ámbitos. Responsable da Rede de Varamentos de Galicia (banco de mostras biolóxicas, recuperación e estudo poboacional).

Para o financiamento do proxecto existen varias accións entre elas a asoaciacón. A investigación das especies mariñas e o mantemento de vehículos, barco e local conleva grandes gastos. Se queres colaborar coas actividades de CEMMA sen necesidade de asociarte, podes optar pola doazón de material ou económica, grazas ás cales estarás colaborando na conservación de especies ameazadas como a toniña, e na divulgación do noso patrimonio natural.

Se buscas unha forma alternativa de colaborar, podes apadriñar/amadriñar un arroaz e poñerlle nome ou facerte coa banda deseñada «Gol, aventuras no mar» por 14€ (envío incluido a España).

Agardamos que algunha destas tres ideas vos serva de axuda neste próximo día de Reis, ou quizais, tamén sirvan de idea para outros eventos como bodas, onde facer agasallos solidarios para os convidados é o mellor detalle que se poida ter.

Se queres recibir artigos coma este suscríbete a nosa listaxe Todas as novas.

Se tes un proxecto sostible con potencial e queres gañar visibilidade na rede, escríbenos a social@benboa.com, gustaríanos poder falar del na nosa sección do blogue «Proxectos que aportan».

5 ideas agasallo con selo galego

Traduce el texto/ Translate

Chegadas estas datas, moitas veces nos despistamos cos regalos e andamos a comprar chorradas a última hora coas que, aparte de non acertar, gastamos os cartos en balde.

Queremos darvos unhas ideas para poder completar os vosos agasallos con éxito ademais de ser algo único, para tódalas idades e que nos represente como galegos (posto que non todolos regalos veñen de oriente ;D). 

Para quen está fora de Galicia é unha sinxela forma de obter produtos orixinais e galegos a domicilio e con este xesto, estarás apoiando as iniciativas emprendedoras da nosa terra.

Colle o caderno e toma nota!

 

1. Para os amantes das cousas bonitas: Florandeira.

Esta floristería de Paderne (A Coruña) que podes atopar en liña e que rexenta Verónica Souto é un legado de negocio familiar que con moito esforzo e ilusión se adoptou perfectamente ós tempos que corren.

No seu sitio web podes atopar un perfecto agasallo tanto que perdure no tempo como son as flores preservadas ou tamén algo mais efémero e vigoroso como son as flores frescas de tempada.

Podes atopar cousiñas estupendas para os amantes da decoración do fogar con flores fermosas.

Xarrón de flores secas “Ámbar” de floradeira.es

2. A moda atlántica coa que acertarás: Somos Océano

Para acertar seguro-segurísimo e non equivocarnos recomendamos sen lugar a dúbidas a Somos Océano.

Detrás deste proxecto atopase Ana e Fran, quen, a través das súas coloreadas redes sociais, nos alegran o noso día a día presentándonos o seu traballo dunha forma entretida e orixinal. Igual que Benboa son fans do deseño #sostible e na súa tenda en liña podes atopar agasallos para toda a familia dende camisetas, suadoiros e calcetíns….Como os de estas latiñas de conserva da imaxe que podes personalizar escollendo os deseños que mais che gusten da súa colección.

Lata persoalizable con 4 pares de calcetíns de somosoceano.com

3. Pezas de artesáns de Galicia: O Faiado

O Faiado é unha tenda e galería de arte e artesanía galega con xa dez anos de actividade.

A novidade desta tenda e que dende o ano pasado podes atopar as suas peculiares pezas de artesanía tamén a venda de forma online achegándote a casa algúns dos moitos artigos que alberga este local da Rúa de Galicia, nº 81 de Ribeira, onde se atopa.

Encontrarás artigos para tódalas idades, únicos no mundo e feitos a man dende prezos moi asumibles para tódolos petos.

Pulseira Octans III con cristales de Swarovski e fío de arame ofaiado.com

4. artegalega.com: Os Catro Gatos en Rede

A galería de arte galega de Santiago de Compostela Os Catro Gatos esta detrás dende xullo deste ano do proxecto de venda de arte online de artistas galegos ou afincados en Galicia.

Ao redor de 25 artistas participan coas súas obras neste proxecto que xa comezou a facer os seus primeiros envíos de arte polo mundo.

Pódense atopar prezos moi asumibles apostando polas promesas mais emerxentes da arte galega como Alejandra Pardo ata artistas mais consolidados no mercado como Tino Canicoba, como exemplos.

 

«Saíndo do rosario» talla en madeira de Tino Canicoba. Podes atopar + obras en artegalega.com

5. Para «Galician foodies»: Benboa

Non podemos pechar esta listaxe de recomendacións sen autorecomendarnos.

Porque regalar Benboa é regalar un momento para compartir con esas persoas especiais que tanto queremos.

Regalar Benboa é dar a coñecer a riqueza gastronómica da nosa cociña atlántica aos nosos familiares e amigos.

Os bono agasallo de Benboa son menús individuais adaptados a tempada do peixe e do marisco así como a madeira utilizada na brasa que outorga un punto diferencial a nosa cociña.

Consulta os nosos bono-agasallo en benboa.com/regalabenboa/

Xa sabes, este nadal non andes as presas e regala algo con xeito e con selo galego.