Señora maior lavando un peixe.foto de nuriaijoancarles

A dieta atlántica e o estilo de vida: o gran segredo da lonxevidade dos galegos

Foto en portada: Núria i JC (Flickr)

O segredo da lonxevidade dos galegos

Como unha persoa pode vivir tanto tempo?, Cal será o segredo da súa longa vida? Como se mantén así de saudable? estas preguntas son as que con frecuencia facémonos cando vemos persoas que logran chegar aos 80 anos e seguen cun prognóstico de vida de polo menos 10 anos máis.

Este é o noso caso, o dos galegos que por tradición logramos chegar a idades sobre os 85 anos con moi boa calidade de vida. De acordo con moitos estudos sobre o tema a lonxevidade dos galegos foi atribuído á súa dieta atlántica e ao seu estilo de vida tranquilo con pouco estrés. Tamén se fala da nosa xenética.

Galicia é unha das zonas de Europa onde unha maior porcentaxe da poboación supera a esperanza media de vida en 4 puntos, ata os 83 anos. Explícano factores ambientais, como o estilo de vida atlántica, e a xenética. Nese estilo de vida resaltan unha dieta baseada no consumo de alimentos de tempada, locais, frescos e pouco procesados, con abundancia de vexetais, peixes e mariscos, uso de aceite de oliva e unha preparación culinaria con predominio da cocción, guisado e á brasa; e compleméntase con actividade física, como desprazamentos a pé, favorecidos polas condicións do aire que respiramos.

Institucións, como as consellerías de Sanidade e Mar, e a USC; unha nutrida representación da industria alimentaria galega; investigadores de varias universidades; e profesionais da saúde, o deporte, o ensino e doutros ámbitos, apoian o patrimonio gastronómico e cultural asociados a ese estilo de vida atlántico característico do sur de Europa, compartido por Galicia e o norte de Portugal.

Grelos Foto: juantiagues (Flickr)

O segredo da lonxevidade está na despensa

Moitos dos estudos realizados sobre este tema chegan á conclusión de que o segredo da lonxevidade dos galegos «está na nosa despensa. Porque os galegos que agora teñen 100 anos, antes tiñan na súa despensa grandes cantidades de verdura, de froita, de peixe, as castañas, os grelos, os lácteos, as súas conservas e o aceite de oliva. Estes alimentos teñen vitaminas, minerais, graxas saudables, proteínas de alta calidade e outras propiedades que melloran a nosa saúde», di o experto do estudo. Ademais, «estes alimentos preveñen o diabetes, a enfermidade cardiovascular, o risco de cancro e de morte prematura. Tamén axudan a manter un peso saudable e favorecen perder graxa, a gañar músculo e a reducir o perímetro da cintura».

Vaca marela foto de Maica Renou Foto: Maica Renou (Flickr)

Alimentos frescos

Resáltase na dieta do galegos o consumo de peixe e de verduras como o grelo ou o brócoli, polas súas propiedades máis beneficiosas, e que distinguen a dieta atlántica fronte a outras tamén valiosas como a dieta mediterránea. O IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela) preocúpase agora en poñer máis en evidencia os beneficios do grelo; e parte da hipótese de que son semellantes aos do brócoli, xa demostrados, polas semellanzas entre ambas verduras. Hai que elixir bos alimentos, frescos, de proximidade e de tempada, no canto de procesados, polos seus efectos antitumorais, antioxidantes e outros que achegan «beneficios importantes para a saúde». Pero a dieta atlántica, «ademais dunha alimentación saudable inclúe un estilo de vida que contempla o exercicio físico nas actividades diarias, no canto do sedentarismo; e prácticas que contribúen ao benestar, como comer en familia, ao redor da mesa, conversando, ou participando en festas familiares. Son factores ambientais que resultan positivos para un bo estado de saúde e para envellecer de forma máis saudable»

Segundo os expertos, “unha boa dieta resulta máis adecuada para conseguir beneficios na práctica clínica máis rápido que o desenvolvemento dun fármaco».

Aportacións, suxerencias, agradecementos…? Anímate a deixar un comentario neste artigo sobre #dietaatlantica

 

Suscríbete a listaxe “Todas as novas” do noso blogue para recibir as novidades en dieta atlántica no teu correo!

Quero recibir información da listaxe de:
Amósanos que non eres un robot. Escribe o teu teléfono engadindo o código de pais co símbolo + diante . Lembra que para España é o +34

¡Non enviamos spam! Lee a nosa Política de Privacidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *