Showing 117 Result(s)
cea fin de ano

Menú adultos e Menú nenos para a Cea de Fin de Ano 2022

Xa podemos facer público o noso agardado Menú da Cea de Fin de Ano dos nosos locais de Corrubedo e Santiago. Para facilitar o transporte ata o local de Corrubedo facemos un desconto de 10€. Fai a tua reserva en corrubedo@benboa.com ou compostela@benboa.com.

Para confirmar a reserva deberase facer o prepago do total dos menús mediante transferencia bancaria antes do 25 de decembro.  “Concepto”: Menú de Fin de Ano, nome do lugar (Corrubedo ou Compostela) e nome da persona que fixo a reserva.

 


 

Solicita o menú da Cea de Fin de Ano

Estamos elaborando o menú da Cea de Fin de Ano. Tes pensado vir a pasar esta noita máxica con nós? Queres ser o primeiro en coñecer o menú especial? Anótate para ser o primeiro en recibilo!

A CEA DE FIN DE ANO DE BENBOA CELÉBRASE NOS LOCAIS DE CORRUBEDO E COMPOSTELA.

+q tapas 2022 Ribeira

Chegou o +q tapas 2022 de Ribeira

Esta fin de semana 2, 3 e 4 de decembro celebramos o tradicional +q tapas 2022 de Ribeira no Benboa de Corrubedo, así que…animaste a pasar un fin de semana diferente?

A proposta +q tapas de Benboa

Polo prezo de 2,5€ podes degustar a nosa proposta deste ano, o delicioso «Bao recheo de boloñesa de bonito, queixo de Arzúa e pesto» .

Ingredientes: Pan bao, boloñesa de bonito (bonito fresco, tomate e cebola, cenoria, allo, viño godello, pementón, pementa, sal e salsa chipotle), pesto (aove, pipas, albaca, queixo parmesano), queixo de Arzúa.

Arrancamos coas tapas

A ruta +q tapas 2022 iniciase este venres 2 de decembro ás 20.00h no restaurante Casa Alján de Ribeira quen alberga o túnel do viño coa participación do sumiller Juanjo Figueroa Treus.

Participar ten premio!

As votacións realizaranse a través dun código QR e os votantes participaran en catro sorteos de experiencias na zona fusionando así o turismo enogastronómico co turismo experiencial e potenciando o destino Barbanza Arousa nos mercados de proximidade.

PREMIOS

  • Unha comida para 2 persoas no Restaurante O Curral do Marqués (Rianxo).
  • Un bautismo de deporte acuático para dúas persoas a cargo de Turismo Náutico Activo Palmira Scuba.
  • Un paseo pola Ría de Arousa en barco para 2 persoas a cargo da empresa de turismo naútico Oceanic Arousa Tours.
  • Dúas entradas para escoller espectáculo na Pousada da Galiza Imaxinaria (de xaneiro a marzo de 2023).