Preguntámoslle o redeiro social e do mar Rogelio Santos Queiruga cales son as especies de peixes de inverno que suelen capturar de outubro a decembro na nosa ría.
Peixes de inverno frecuentes nas capturas
O patrón de pesca explicanos que agora mesmo a campaña de marisqueo en Muros-Noia vai con atraso por mor da toxina e saen coa liña. Rogelio nos di que nesta tempada pican con frecuencia ás douradas, rebalizas, sargos, pintos… e ademais destes peixes de inverno comezan aparecer os primeiros chocos, o calamar e o polbo xa cun bo tamaño.
A finais da tempada invernal, tras a posta, os peixes quedan como gatos a xaneira en pelexos e esgotados.
Na pesca con redes que tamén practica aparecen entre sargos, pintos e rebalizas tamén maragotas e peixes variados da pedra. Rogelio nos comenta que é unha época na que todo o peixe está bo, gordiño, saudable e con graxa. Cando remata o verán os peixes levan ben comido para encararse ao inverno e ás tarefas reprodutivas coa máxima enerxía. A finais da tempada, tras a posta, quedan como gatos a xaneira ou a gata tras parir, en pelexos e esgotados.
A temporalidade no mar relacionase coas épocas de cría e cos movementos de cada especie dependendo das temperaturas. Co desprazamento son mais sinxelos de capturar o que fai que non haxa necesidade de traelos capturados de outros lugares nin de xerar unha pegada ecolóxica. Consumir peixes de tempada é respectar o seu ciclo biolóxico e gozar do seu sabor de xeito mais saboroso e intenso.
Aparte dos peixes, os mariscos son os produtos estrela do inverno.
Podes aprender mais cousas interesantes sobre o mar no perfil de instagram de Rogelio Santos Queiruga. Sempre aporta datos curiosos que desconocemos!
Segue a nosa sección Caldo de faragullas e aprende truquiños e saberes. Podes atoparnos en instagram para estar sempre ao día.