peixes

Faq: Que peixes tendes na carta?

Moita xente pregunta a miúdo que peixes temos na carta por iso queremos despexar algunhas dúbidas ao respecto con este tema.

Xunto aos peixes frescos na nosa carta atoparás un: “Consultar táboa”

Peixes na táboa do día

Os peixes e mariscos que ofrecemos no noso gastromercado son peixes frescos capturados a diario polos barcos que faenan nas nosas costas. Dependemos das capturas diarias pero pode ser que, aínda sendo a tempada de algún peixe en particular, non o teñamos porque non foi presa nas capturas. Dependemos da estación do ano, da sorte e tamén da casualidade da faena de ese día de traballo. Na táboa que atoparás en cada local Benboa indicamos cada día de que especies dispoñemos no gastromercado.

Hai peixes frecuentes durante todo o ano e por outra banda hai peixes que están dispoñibles só en meses concretos. Para ter unha idea xeral fixemos  uns breves apuntes a ollo dos peixes segundo a tempada:

PRIMAVEIRA
Atún, congro, lirio, xarda,San Martiño, linguado, pescada, rodaballo galego, raia, peixe sapo, sardiña.

VERÁN
Sardiña, bonito, peixe espada, escarapote, xurelo, chincho.

OUTONO
Como nos di Rogelio Santos Queiruga  nesta tempada “todo o peixe esta bo”. Eses que son deste tempo son:
Dourada salvaxe, robaliza, salmonete ou barbo

INVERNO
Ollomol, robaliza salvaxe, bacallau, xarda.

Comer especies de tempada é bo para coidar a nosa saúde pois non hai mellor produto que o de proximidade. Para que consumir peixe na tua dieta sexa ben doado podes seguir os consellos de “Vai de peixe” e mergullarte de cheo cos produtos do mar.

Que non sabes recoñecer nin diferenciar un peixe de outro? Suscríbete ao noso blogue e toma nota!

Por certo, sabías cal é o segredo da nosa lonxevidade?

Santiago e-tapas

XIV edición do Santiago e-tapas

Dende que aterrézamos en Santiago de Compostela en Benboa sempre participamos no concurso Santiago e-tapas. Este concurso de tapas celébrase no mes de novembro. Este ano adiántase un pouco mais para non facelo coincidir coas ceas do Nadal. Do 27 OUT – 13 NOV podes degustar e votar por estas exquisitas tapas nos locais hostaleiros participantes da cidade sacra.
Ditas tapas teñen un módico prezo que axuda a organizar este concurso cada ano. Podes coñecer (en canto se publique) a ruta das tapas na páxina web da organización do evento Santiago e-tapas.

Unha ruta, a do Santiago e-tapas

Nesta ocasión en Benboa participamos con unha tapiña que non vos vai deixar indiferentes:

Bao recheo de boloñesa de bonito, queixo de Arzúa e pesto

Ingredientes: Pan bao, boloñesa de bonito (bonito fresco, tomate e cebola, cenoria, allo, viño godello, pementón, pementa, sal e salsa chipotle), pesto (aove, pipas, albaca, queixo parmesano), queixo de Arzúa.

Iremos adiantando detalles a través das nosas redes sociais nestas semanas de concurso. Séguenos e non lle perdas a pista a nosa proposta deste ano. Lembra que a proposta do ano pasado “Zorza de peixe sapo con patacas fritas e ovo” forma parte da nosa carta tras o éxito obtido. Se che gusta tanto o bao de boloñesa vota por él para que o incluamos na carta.

Ves facer a ruta das tapas a Santiago de Compostela? Atento aos premios de este ano en santiagoetapas.gal

Provincia de Pontevedra e os produtos típicos

Provincia de Pontevedra e os produtos típicos

Hoxe imos falar da provincia de Pontevedra e os produtos típicos desta comarca. Non  esquezas de presumir  que por alí pasache e lévalle un bo agarimo que encha o bandullo a quen mais aprecias.

Pregunta: estas ao día de tódalas festas que teñen lugar en Pontevedra? como a Festa Vikinga de Catoira, a Festa do Albariño de Cambados, A Feira Franca de Pontevedra…pero de seguro que esqueces que produtos típicos da gastronomía destacan nesas zonas que vas visitar pola troula.

Galicia enteira sabe a mar e, non é por presumir, pero somos moi afortunados de contar con produtos frescos do mar atlántico da mellor calidade. Por isto, se te atopas pola costa non esquezas de achegarte por algunha praza de abastos e coller previsións antes de marchar da terriña. Case todo o peixe pódese conxelar: sargos, douradas, robalizas, tamén o chopo, o polbo (mais que ningún outro), o marisco… e de este xeito podes ir saboreando Galicia durante todo o ano ata que regreses a recargar as pilas. Podes sorprender ós teus familiares e amigos nun día especial porque cando mercas produtos de piscifactoría lamentablemente, non se asemellan en nada.

Provincia de Pontevedra e os seus produtos típicos:
Froitos do mar

O mexillón da ría

As bateas ou meixoeiras, son estruturas para o cultivo de bivalvos propias das rías galegas. A ría de Arousa é unha das maiores reservas naturais de fitoplancto do mundo. A entrada de correntes de auga fría procedentes do Atlántico renova as augas e as enche de nutrientes cunha cadencia insólita a nivel mundial. As bateas de mexillón sitúanse ao longo da nosa costa: Ría de Ares-Betanzos, Muros-Noia, ría de Arousa, ría de Pontevedra e ría de Vigo . A batea naceu o redor dos anos 40 na ría de Arousa como método de cultivo de mexillón pero ao principio, de xeito moi rudimentario. Hoxe, segundo os datos recollidos, Galicia ocupa o terceiro posto como produtor mundial de mexillón por detrás de China e Chile. Convertido o mexillón nun dos superalimentos máis apreciados pola ciencia, tras un ano de cultivo, extraese i empacase a bordo para ser distribuído. Non quedes sen facerte cunha malla de mexillóns da ría!

A ostra de Arcade

As ostras son outro dos importantes bivalvos que se cultivan nas bateas das nosas costas. Chegando a vila mariñeira de Arcade, en Pontevedra, poderás ver dende a estrada as bateas que gardan este estupendo manxar do mar. A ostra de Arcade ou ostra plana galega recibe este nome porque a súa cuncha ten unha parte máis cóncava e a outra case plana. As galegas son mais grandes que as ostras rizadas francesas que en Galicia tamén se cultivan. Arcade rende homenaxe a este produto en abril coa Festa da Ostra pero podes facerte con él en calquera dos meses con r do calendario.

O marisco de O Grove

O marisco é un produto estrela en toda a costa galega, pero falando da provincia de Pontevedra e os produtos típicos temos que mencionar O Grove. A Festa do Marisco de O Grove celébrase cada ano coincidindo coa ponte do Pilar, nas primeiras semanas de outubro. Nesta data o marisco esta moi bo e a un prezo moi asequible xusto antes da escalada de prezos do Nadal. A tiktoker da Toxa Patri Bea @patribdopazo presume do seu marisco nas redes. Agora ti lembra a data e fai unha escapada de turismo gastronómico O Grove!

O polbo do Carballiño

Aínda que ós de beira de mar nos da moita envexa recoñecelo sempre se dixo que o polbo de terra a dentro é o mellor cociñado. Esta verdade ven de moi antigo pois se trata de un cefalópodo sinxelo de conservar e transportar. En Melide, onde é tradición que paren os peregrinos a degustalo, preparase un dos mellores polbos de Galicia pero sen facer sombra ao polbo do Carballiño onde se di que é o lugar que deu nome ao famoso”polbo á feira”. Durante as feiras de gando a figura do pulpeiro ocupábase de facer de xantar aos participantes, así comezou a tradición do polbo á feira. Os pratos de madeira típicos hoxe utilizábanse en lugar dos de louza para que non rompesen durante a viaxe en carro.

Produtos da terra

Albariño de Cambados

O Albariño é unha variedade de uva galega que se usa para facer viño branco con denominación de orixe. Concretamente Cambados é un municipio das Rías Baixas que conta cun arsenal de adegas, viñedos, salas de cata e infraestrutura en xeral, que da man do seu contexto histórico, fan deste lugar una das zonas vitivinícolas máis importantes de España. No ano 2017  foi seleccionada como Cidade Europea do viño por diante do “Aranda de Duero” (Burgos), “Vilafranca del Penedés” (Barcelona) e “La Palma del Condado” (Huelva).

Os viños albariños caracterízanse por ter unha gradación alcohólica elevada e unha acidez notable, cun gran potencial aromático afroitado e matices florais. As súas variedades forman parte dos viños brancos máis prestixiosos de Galicia.

Provincia de Pontevedra e os produtos típicos

Roscón de Caldas de Reis

Caldas de Reis é unha fermosa vila da Provincia de Pontevedra. Por Caldas pasa o río Umia e tamén o pequeno río Bermaña que atravesa a famosa ponte romana que leva o mesmo nome. É un pobo moi pintoresco digno de ver e de comer. Esta vila namora, non só polas augas termais curativas senon que ollo coas pastelerías-panaderías!. Todo o mundo desexaría que os seus padriños fosen de Caldas de Reis porque como o roscón que alí se fai en ningún sitio o fan mellor. Outro segredo que atoparás será o pan de bola de manteiga, desfaise nas mans e na boca, mollar este pan en salsa de vieira fai tolerar a un por completo.

Carneiro ao espeto de Moraña

A un cuarto de hora de Caldas de Reis e cara o interior podemos degustar o carneiro ao espeto en Moraña. Nesta vila da provincia de Pontevedra hai 50 anos que é popular no mes de xullo a celebración da Festa do carneiro ao espeto. O carneiro é o máximo expoñente da gastronomía local. Un grupo de expertos cociñeiros asadores colocan o redor das fogueiras as estruturas de ferro na que se atan os exemplares abertos en canal; as brasas de madeira de roble acentúan o especial sabor das pezas , que se cociñan a lume lento durante sete horas sen ningún tipo de adobo.

Cada carneiro véndese enteiro por grupos de xente ou por familias xunto empanadas de trigo, de zorza e de bacallau con uvas pasas, pan, viño tinto da terra, auga mineral, salsa especial ajilimójilis -a base de herbas e condimentos para realzar o sabor da carne-, café, augardente e servizo completo de mesa. O carneiro ao espeto foi considerada Festa de interese turístico galego no 2020.

Provincia de Pontevedra e os produtos típicos

Cocido de Lalín

A unha hora de Moraña podemos degustar un dos mais exquisitos cocidos na comarca do Deza. A Feira do Cocido de Lalín celebrase cada ano o domingo antes do Entroido. O porco é o indubidable protagonista desta festa gastronómica que xorde para resaltar os produtos típicos do Deza. Ademais, dende o 15 de xaneiro ata o 14 de febreiro, o “Mes do Cocido de Lalín”, a hostalería enxalza o prato típico como reclamo. Este prato foi collendo tal popularidade que no 2010 foi declarada Festa de interese turístico nacional. Así que agora xa o sabes “De San Amaro a San Valentín, Mes do cocido en Lalín”.

A Lamprea de As Neves

A primeiros de ano o río Miño é unha fonte de atención para a pesca de auga doce. A lamprea, non conta con branquias, aletas, nin escamas. O seu corpo é cartilaxinoso é, o seu sabor, unha vez cociñado,  asemellase mais ao da carne que ó de un peixe.
A lamprea alimentase da sangue de outros peixes aos que se apega. É un animal anádromo como o salmón, esto quere dicir que pasa a súa vida entre a auga salgada é a doce, onde desova e morre.
A tempada da lamprea vai de xaneiro a maio pero é no mes de abril onde enxalzan este produto típico na vila de As Neves, en Pontevedra. A forma mais coñecida de preparar a lamprea é a bordelesa pero tamén se pode atopar afumada. A verdade é que a lamprea parece un bicho saído de Men in black pero haberá que probala xa que a alta cociña “reivindica a súa presenza”.

 

Esquencémonos neste post? Tes información de algún produto da gastronomía típico en Pontevedra? Anímate a aportar mais datos nos comentarios a este artigo da provincia de Pontevedra e os produtos típicos.

Suscríbete ao noso blogue e non te perdas ningunha novidade!