Dende que aterrézamos en Santiago de Compostela en Benboa sempre participamos no concurso Santiago e-tapas. Este concurso de tapas celébrase no mes de novembro. Este ano adiántase un pouco mais para non facelo coincidir coas ceas do Nadal. Do 27 OUT – 13 NOV podes degustar e votar por estas exquisitas tapas nos locais hostaleiros participantes da cidade sacra.
Ditas tapas teñen un módico prezo que axuda a organizar este concurso cada ano. Podes coñecer (en canto se publique) a ruta das tapas na páxina web da organización do evento Santiago e-tapas.
Unha ruta, a do Santiago e-tapas
Nesta ocasión en Benboa participamos con unha tapiña que non vos vai deixar indiferentes:
Bao recheo de boloñesa de bonito, queixo de Arzúa e pesto
Ingredientes: Pan bao, boloñesa de bonito (bonito fresco, tomate e cebola, cenoria, allo, viño godello, pementón, pementa, sal e salsa chipotle), pesto (aove, pipas, albaca, queixo parmesano), queixo de Arzúa.
Iremos adiantando detalles a través das nosas redes sociais nestas semanas de concurso. Séguenos e non lle perdas a pista a nosa proposta deste ano. Lembra que a proposta do ano pasado «Zorza de peixe sapo con patacas fritas e ovo» forma parte da nosa carta tras o éxito obtido. Se che gusta tanto o bao de boloñesa vota por él para que o incluamos na carta.
Ves facer a ruta das tapas a Santiago de Compostela? Atento aos premios de este ano en santiagoetapas.gal