Reapertura en Corrubedo: Venres 10 ás 19.00h.

Despois de rematar tódalas tarefas pendentes por fin podemos abrir as nosas portas en Corrubedo. Agradecemos os ánimos e a atención pola vosa parte, sempre pendentes da nosa volta. Como agarimo, esperamos que disfrutedes das novas propostas da nosa carta. Esperamos ter un bo verán para disfrutar do ambiente mariñeiro e seguimos traballando na nosa próxima reapertura, Compostela. Grazas por agardarnos todo este tempo e vémonos mañá venres 10 ás 19.00h.