Showing 32 Result(s)

I Menú “Noite Benboa” en Corrubedo

A partir de esta fin de semana tódolos venres e sábados pola noite en Benboa Corrubedo contaremos cun menú diferente por 25 € /persoa. Séguenos nas redes sociais ou suscríbete ao noso blogue para coñecer o contido dos noso Menú Noite Benboa de cada fin de semana!

O menú Noite Benboa para o 6 e 7 de Maio é o seguinte:

APERITIVO DE BENVIDA
ENTRANTES
MEXILÓNS CON VIZCAÍNA DE CHIPOTLE
SAAM DE LANGOSTINO CROCANTE CON SALSA DE IOGUR E SEMILLAS DE MOSTAZA
TACO DE XARRETE ESTOFADO CON QUEIXO AFUMADO E ENCURTIDOS
PRATO PRINCIPAL
XARDA Á BRASA CON CACHELOS ESMAGADOS E VERDURIÑAS
DOCE
TORRIJA DE BRIOCHE CON XEADO DE VAINILLA
COCTEL DE SOBREMESA E CAFÉS INCLUÍDOS

25 €

*Prezo por persoa. Bebidas aparte.

17,18 e 19: Disfruta da nosa proposta finalista do e-tapas

17,18 e 19 de decembro degusta a nosa tapa finalista

O concurso Santiago (e)tapas deste ano finalizou onte coa entrega de premios. ¡¡¡Chegamos a final!! Aínda que non fomos o primeiro posto alégranos igualmente da boa valoración dos nosos tapeadores.

Queremos aproveitar esta primeira fin de semana antes das festas de Nadal para facer unha última degustación da “Zorza de peixe sapo, escuma de San Simón e ovo de galo celta” a 2,50€. Achégate a visitarnos.

 

Horario de tapas:

  • Venres de 20.00 a 22.00h
  • Sábado de 13:00 a 14:30h e de 20.00 a 22.00h
  • Domingo de 13:00 a 14:30h

Benboa Compostela esta na Rúa do Preguntoiro, 41 en Santiago de Compostela.

Menú Fin de Ano en Corrubedo e Santiago

Traduce el texto/ Translate

Xa temos o menú para a cea de fin de ano de Corrubedo e de Santiago de Compostela. Anímate a reservar xa esta data e rematar o ano cun menú especial.

Descargar menú en pdf.

RESERVAS CORRUBEDO
+34 981 86 51 28
RESERVAS COMPOSTELA
+34 881 30 82 21