Translate
Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.
INGREDIENTES (para 12 boliñas):
- 140 gr. de atún en AOVE escorrido
- 3 ovos
- 100 gr. de queixo relado sen glute (utilicei Emmental)
- 3 culleradas de pan relado sen glute
- 1 cullerada de fariña de millo
- 3 culleradas de fariña de améndoa
- Sal, pementa negra, allo en po
- AOVE e unhas pingas de zume de limón
ELABORACIÓN
Boliñas
- – Prequentar o forno a 200º C.
- – Mesturar o atún, o queixo relado, un ovo, dúas culleradas de pan relado, unha cullerada de fariña de millo, unha cullerada de AOVE, un chisco de allo en po e salpimentar.
- – Para empanar, mesturar tres culleradas de fariña de améndoa e unha cullerada de pan relado.
- – Formar boliñas coas mans, empanalas e colocalas sobre a bandexa do forno con papel para enfornar.
- – Enfornar a 200º C durante 20 minutos.
Maionesa lixeira
- – Cocer 2 ovos. Reservar e pelar.
- – Triturar os 2 ovos cocidos con 4 culleradas de auga, 2 culleradas de AOVE, unhas pingas de limón e un chisco de sal.
¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!
A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…
"Disfruta sin gluten"
Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas.
Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.
Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso.