Receita sen glute de Lidia Filgueira de «Disfruta Sin Gluten» para Benboa.
INGREDIENTES
- 400 gr. de mirabeles en caldo de azucre
- 1 plátano maduro
- 3 ovos
- 50 gr. de manteiga a temperatura ambiente
- 100 gr. de chocolate branco
- 100 gr. de fariña de repostería sen glute
- 200 ml. de bebida de améndoas
- 1 chisco de sal · Aroma de vainilla
- Améndoa partida
ELABORACIÓN
- – Eliminar o caldo de azucre dos mirabeles. Retirar o óso e partir en cuartos e metades.
- – Poñer os mirabeles no molde.
- – Triturar o plátano, os ovos, o aroma de vainilla e o chisco de sal. Engadir a fariña tamizada.
- – Derreter o chocolate branco e a manteiga no microondas (ou ao baño maría). Engadir á mestura e incorporar o leite.
- – Verter toda a mestura sobre os mirabeles e enfornar a 160 graos, con calor do forno arriba e abaixo, durante unha hora.
O mirabel é unha cirueliña pequena, amarela, doce e aromática característica dalgunhas zonas de Galicia. É pequena como a cereixa, pero ten un sabor parecido ao do albaricoque. Recóllese no mes de xullo, pero podemos atopalo en conserva todo o ano. Contén antioxidantes, vitaminas A e C e minerais como calcio, fósforo, magnesio e potasio. Un auténtico tesouro.
¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!
A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…
"Disfruta sin gluten"
Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas.
Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.
Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso.