Fabas de Lourenzá con rape, lagostinos e ameixas
Receita sen glute de Lidia Filgueira de «Disfruta Sin Gluten» para Benboa.
INGREDIENTES
- 500 gr. de fabas de Lourenzá
- Caldo de peixe (cabezas de lagostinos, espiñas de rape)
- 8 lagostinos
- 200 gr. de rape
- 600 gr. de ameixas
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- 1 tomate
- 3 cenorias
- AOVE, sal, azafrán, pimentón de la vera, loureiro, perexil
ELABORACIÓN
- – Poñer as ameixas en auga con sal groso durante unha hora (para que solten as areas). Retirar da auga e reservar.
- – Pelar a cenoria. Reservar.
- – Pelar os lagostinos, limpar, separar as cabezas e reservar.
- – Partir o rape, engadir sal e reservar.
- – Pelar e picar un dente de allo. Sofritir con AOVE, engadir as cabezas dos lagostinos, as espiñas do rape, unhas hebras de azafrán e sazonar. Agregar auga e cocer durante 30 minutos.
- – Pelar, partir e sofritir a cebola e un dente de allo durante 10 minutos.
- – Pelar e partir o tomate e incorporalo ao sofritido. Sofritir durante 5 minutos e engadir un chisco de pimentón de la vera, varias hebras de azafrán, caldo de peixe e dúas follas secas de loureiro. Cocer e cando empece a ferver engadir a cenoria e as fabas. Cando ferva outra vez, engadir un vaso de auga fría. Eliminar a escuma. Cocer ata que ases fabas estean tenras (25 minutos aproximadamente).
- – Retirar as cenorias, partir e triturar algúns anacos xunto á verdura e a auga de cocción.
- – Engadir a cenoria partida e o puré de verdura. Probar e engadir sal.
- – Engadir o rape partido e os lagostinos pelados. Cocer durante 4 minutos e agregar as ameixas. Cocer durante dous minutos máis, ata que se abran, engadir perexil picado e a gozar.
As fabas de Lourenzá, con Indicación Xeográfica Protexida, diferéncianse doutras pola súa escasa proporción de pel, a súa capacidade de absorción de auga e a pastosidade da súa pulpa. Combinan perfectamente co produto do mar galego. Unha auténtica exquisitez!
¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!
A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de...
"Disfruta sin gluten"
Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas.
Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.
Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso.