FAQ: Que significa «Benboa»?
Traduce esta entrada:
Que significa «Benboa»?
Que significa «Benboa»? é algo moi común que moitos dos nosos comensais nos pregunten. Ante esta dúbida queremos facer esta nova FAQ para engadir a listaxe.
Seguramente que con este dato haxa menos persoas etiquetándonos incorrectamente nas redes sociais como Bemboa, benvoa, venboa, etc. A min, antes de coñecer a procedencia, e, antes de ser traballadora desta gran familia, tamén me ocorreu o de transcribir mal o nome. O feito de coñecer a orixe facilitoume moito a vida, dende esa, nunca houbo erro. Así que deixemos atrás o misterio e imos resolvelo coa lóxica, nai de tódalas ciencias.
A orixe do nome do Benboa
Para entender como escribilo correctamente temos que coñecer de onde procede o nome:
– Meu Rei, como esta a comida hoxe?
– Esta ben boa avoíña!
A expresión «ben boa» en castelán «bien buena», úsase para describir unha experiencia satisfactoria como por exemplo felicitar aos cociñeiros pola comida despois dun bo enchente 😉
De xuntar estas dúas verbas nunha soa naceu o que coñecemos como Benboa.
Para saber máis curiosidades do Benboa
Se queres coñecer mais curiosidades como esta bota un vistazo a nosa sección FAQ ou suscríbete ao noso blogue.
Tamén podes comentar calquer dúbida nos comentarios desta entrada do blogue ou no correo social@benboa.com