Ao fondo da fotografía, antiga fabrica de salgadura de finais do século XIX, lugar que ocupa agora o restaurante Benboa en Corrubedo.

Benboa nace en Corrubedo (Ribeira, A Coruña) no ano 2012 como unha aposta polo desenrolo sostible, para colaborar no impulso da gastronomía galega, a defensa da pesca artesanal como principal fonte de abastecemento da nosa materia prima, a protección do medio ambiente e aportar o valor que merece o produto do noso mar atlántico.

O sector pesqueiro é o motor do Concello de Ribeira e posúe unha das lonxas de baixura mais importantes e con mais movemento de España. Ademais, a parroquia de Corrubedo, pertencente a este concello, ten un meirande atractivo turístico, grazas o seu significativo faro e o coñecido Parque Natural das Dunas.

Benboa enfoca a súa cociña nos produtos do mar atlántico procedentes da pesca artesanal e nas carnes de orixe galega facendo unha reformulación dos alimentos e dos pratos tradicionais con receitas nutricionais melloradas mantendo o sabor, textura e aspecto dos ingredientes. O resultado, son saborosos e fusionados pratos da nosa gastronomía baseados na Dieta Atlántica.

As nosas propostas culinarias nacen da utilización dunha familia de produtos de orixe galega garantindo a súa trazabilidade, ecolóxicos e procedentes de pequenas explotacións artesanais que non chegan a grandes superficies. Do traballo de pequenos produtores de orixe local saen os produtos sostibles é de km 0 que usamos acotío na nosa cociña.

Así mesmo, en Benboa Corrubedo contamos con cetaria onde coidamos os nosos mariscos procedentes da flota artesanal en 25.000 litros de agua directa do mar controlada, natural e purificada.

A nivel enerxético a nosa cetaria é un sistema de aproveitamento da temperatura. Unha xeotermia pero coa auga que entra do mar que, mediante unhas bombas de calor, aproveita a auga quente para os lavalouzas ou para a calefacción no inverno e, a auga fría, para o arrefriamento dos equipos frigoríficos ou a climatización no verán.

Antigua fotografía da Rúa do Preguntoiro onde se ubicaba a coñecida droguería Perez Labarta que actualmente ocupa o Benboa en Compostela.

O primeiro restaurante Benboa ubicase no porto da vila mariñeira de Corrubedo, no concello de Ribeira, onde antigamente, a finais do século XIX, se localizaba unha fábrica de salgadura que mantivo a súa actividade ata 1950. Este edificio se rehabilitou mantendo a sua historia, reutilizando materiais como a pedra, o ferro e madeira de batea reciclada.

Na  peixería de Benboa podes escoller o peixe fresco para levar ou para gozar no noso comedor seguindo o proceso de cociña no  obradoiro a vista onde os nosos cociñeiros elaboran os pratos á brasa, como principal técnica de cocción, adquirindo os sutís matices da madeira de carballo xunto o uso de ingredientes 100% naturais e sen aditivos.

Na terraza, taberna e comedor de Benboa podes gozar da calidade da nosa cociña atlántica acompañada cun viño con d.o das bodegas, sobretodo da nosa terra.

A histórica droguería Perez-Labarta é o lugar escollido en 2018 para ubicar o Benboa da cidade pétrea. Seguindo a filosofía Benboa, a restauración do local fíxose pensando no seu valor histórico, por iso se respectaron e aproveitaron as antigas estruturas, xunto a reutilización de materiais naturais como a pedra, o ferro e a nosa xa seña coñecida coa utilización de madeira reciclada de batea aportando, de este xeito, o noso graíño de area a saúde do planeta.

A Compostela non só achegamos un anaco de Corrubedo nas nosas propostas se non que facemos posible que acotío sírvanse os peixes e mariscos de tempada frescos procedentes da lonxa de Ribeira. O comensal pode escoller a peza da nosa peixería que mais se lle antolle, que se pesará e elaborará ao momento no noso obradoiro mediante unha saborosa, e mais sinxela preparación, enxalzando os principios saudables da dieta atlántica.

A entrada principal de Benboa Compostela atopase na rúa do Preguntoiro mais pódese acceder tamén pola parte de atrás, onde se atopa a terraza, na rúa Altamira. Benboa Compostela conta con comedor, taberna, peixería, obradoiro e terraza.

En 2020 damos vida a un novo e terceiro espazo Benboa en Coruña. Unha pequena, mais acolledora, taberna mariñeira situada na coñecida rúa Galera da Coruña.

Esta vez enfocámonos en ofrecer unha carta unicamente con propostas elaboradas con produtos do mar así como mariscos e peixes frescos de cada tempada dispoñibles na nosa peixería preparados no forno josper.

Benboa A Coruña conta con taberna, peixería e terraza exterior. Se trata dun concepto de cociña de áxil elaboración  mais con receitas sinxelas, innovadoras e do mais saudables.