restaurante dogfriendly

FAQ: Sodes un restaurante dogfriendly ?

Podo levar ó can?

Puedo llevar al perro?

Moitos sondes quenes nos preguntades se podedes traer o can convosco e a resposta e que sí. En Benboa somos un restaurante dogfriendly. Dende fai un ano e medio tomamos a firme decisión de recibir aos nosos clientes acompañados polos seus amigos peludos e non podemos estar mais contentos. Os nosos novos convidados son curiosos e educados, agardan pacientemente sen facer barullo e aceptan moi ledos unha chuche ou un pouco de auga fresca.

dogfriendly
dogfriendly

A normativa en España para un restaurante dogfriendly

A normativa en España regula dous tipos de establecementos: aqueles nos que se procesan alimentos e aqueles nos que se serven comidas e bebidas. Benboa como gastromercado pertence as dúas bandas por eso a historia de restaurante dogfriendly se nos fixo complicada. Nos primeiros a entrada de animais non esta permitida por tratarse de establecementos onde a comida se atopa á vista, ó alcance dos clientes, nos segundos non esta exposta pero pode estar ou non permitida a entrada de animais segundo a comunidade na que se este.
As comunidades autónomas e os concellos son os responsables de lidiar co asunto. Por sorte, é debido a gran cantidade de peregrinos que viaxan con mascota, en Santiago de Compostela o concello presentou un servizo para coñecer os locais dogfrienly da cidade (podes consúltalos e atoparnos aquí: Santiguau!).

Os animais non poden estar nas cociñas pero si na sala onde se serven as comidas (salvo que a normativa explicitamente así o prohiba como no caso de Aragón e Melilla). Hoxe xa son 6 las comunidades autónomas que establecen unha permisividade con respecto ó acceso das mascotas ós establecementos de restauración. O certo e que a mentalidade esta cambiando e as leis están sendo modificadas para deixar de tratar ós animais como obxectos e comezar a tratalos como se merecen, como seres que senten.

Guau! Dato importante

-> Se o voso compañeiro é un can guía o unha unidade de policía canina tendes que saber que por lei non vos poden prohibir o acceso.

É importante preguntar e comentar antes no restaurante en cuestión que ides a vir acompañados pola vosa mascota, deste xeito reservase unha mesa para disfrutar da súa compaña. É unha cuestión de respecto ao resto de comensais que poden non sentirse a gusto.

Como a sección Santiguau da web do concello de Santiago, existen outras aplicacións que nos poñen ao día dos establecementos que aceptan animais de compañía como por exemplo: Doggies in Town, así sempre poderás estar ao día e coñecer a onde dirixirte con seguridade co teu compañeiro, estes en Ribeira, Santiago de Compostela, A Coruña ou Oviedo 😉

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *