Esta fin de semana 2, 3 e 4 de decembro celebramos o tradicional +q tapas 2022 de Ribeira no Benboa de Corrubedo, así que…animaste a pasar un fin de semana diferente?
A proposta +q tapas de Benboa
Polo prezo de 2,5€ podes degustar a nosa proposta deste ano, o delicioso «Bao recheo de boloñesa de bonito, queixo de Arzúa e pesto» .
Ingredientes: Pan bao, boloñesa de bonito (bonito fresco, tomate e cebola, cenoria, allo, viño godello, pementón, pementa, sal e salsa chipotle), pesto (aove, pipas, albaca, queixo parmesano), queixo de Arzúa.
Arrancamos coas tapas
A ruta +q tapas 2022 iniciase este venres 2 de decembro ás 20.00h no restaurante Casa Alján de Ribeira quen alberga o túnel do viño coa participación do sumiller Juanjo Figueroa Treus.
Participar ten premio!
As votacións realizaranse a través dun código QR e os votantes participaran en catro sorteos de experiencias na zona fusionando así o turismo enogastronómico co turismo experiencial e potenciando o destino Barbanza Arousa nos mercados de proximidade.
PREMIOS
- Unha comida para 2 persoas no Restaurante O Curral do Marqués (Rianxo).
- Un bautismo de deporte acuático para dúas persoas a cargo de Turismo Náutico Activo Palmira Scuba.
- Un paseo pola Ría de Arousa en barco para 2 persoas a cargo da empresa de turismo naútico Oceanic Arousa Tours.
- Dúas entradas para escoller espectáculo na Pousada da Galiza Imaxinaria (de xaneiro a marzo de 2023).