Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.
INGREDIENTES
- 2 peitugas de polo
- 1 iogur natural
- 1 lámina de masa de follado (“hojaldre”) sen glute.
- 2 ovos
- Espárragos trigueiros
- Queixo raiado
- Fariña de garvanzo
- Copos de millo sen glute triturados
- Especias: Ourego e “Pimentón de La Vera”
- AOVE, sal e pementa negra
ELABORACIÓN
Polo ao xeito KFC
- – Prequentar o forno a 200ºC.
- – Mesturar nun bol: un iogur natural, aceite de oliva, Pimentón de La Vera, aceite, pementa negra e ourego. Engadir o polo cortado e macerar durante unha hora.
- – Pasar o polo pola fariña de garavanzo, ovo batido e os “corn flakes” triturados.
- – Poñer o polo sobre un papel de forno na bandexa e asar a 200ºC durante 40 minutos.

Espárragos con masa de follado e queixo
- – Prequentar o forno a 180ºC.
- – Lavar os espárragos e rexeitar a parte final.
- – Cortar a base da masa de follado (“hojaldre”) en tiriñas (o cortador de pizza é perfecto para isto).
- – Envolver os espárragos, engadir queixo raiado (eu lles botei Emmental) e pintar co ovo batido.
- – Introducir no forno a 180ºC durante 15 minutos.
¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!
A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…
"Disfruta sin gluten"

Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas.
Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.
Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso.