O acne
O acne é unha enfermidade multifactorial e inflamatoria. Afecta entre un 79 e 95% da poboación adolescente; en maiores de 25 anos diminúe ata un 40 ou 54%; en mulleres adultas, un 12% e o 3 % dos homes seguirá tendo lesións de acne.
Factores que o complican
Aínda que ten un compoñente xenético, existen diversos factores que poden favorecer a súa aparición. Entre estes factores están a alimentación, as hormonas sexuais alteradas por situacións comúns ou patolóxicas, cosméticos que obstrúen os poros, medicamentos como anticonceptivos, inmunosupresores, contaminantes ambientais, climas cálidos e húmidos, estrés e o exceso de graxa corporal, Diabetes Mellitus tipo 2 ou Síndrome de Ovario Poliquístico.
Previr e reducir é posible
Centrándonos na alimentación, aínda que non exista unha dieta “antiacne”, podemos realizar cambios na alimentación que axuden a previr a súa aparición e/ou reducir a súa severidade.
O consumo de ácidos graxos omega-3 axuda diminuíndo a inflamación e reducindo significativamente a cicatrización. Os principais ácidos graxos omega 3 son o ALA (ácido alfa linolénico), EPA (ácido eicosapentaenoico) e DHA (ácido docosahexanoico). As fontes principais de EPA e DHA atópanse nos peixes azuis (atún, salmón, sardiña, anchoa…) e aceites de pescados. E as fontes de ALA son os froitos secos, sementes e aceite de colza.
Tamén existen outros alimentos que aportan omega 3, aínda que sexa en menor medida. Son por exemplo as espinacas, leituga, aguacate, crema de cacahuete e avena.
A continuación móstrase unha táboa con contido dos diferentes tipos de omega 3:
ALIMENTOS | g/100 g de alimento | ||
EPA | DHA | ALA | |
Aceite de peixe | 13,17 | 8,56 | — |
Salmón | 1,62 | 2,96 | — |
Arenque | 1,01 | 1,01 | — |
Xarda | 0,90 | 1,40 | — |
Anchoa en conserva | 0,76 | 1,29 | — |
Troita | 0,68 | 0,26 | — |
Sardiñas | 0,51 | 0,47 | — |
Mexillóns | 0,28 | 0,51 | — |
Atún en lata | 0,23 | 0,63 | — |
Aceite de liñaza | — | — | 53,37 |
Sementes de chía | — | — | 17,83 |
Sementes de cáñamo | — | — | 8,68 |
Aceite de soia | — | — | 6,54 |
Noces | — | — | 2,68 |
Pistachos | — | — | 0,21 |
Sementes de cabaza | — | — | 0,11 |
A maiores do omega 3 outros alimentos tamén poden contribuír de forma positiva e negativa contra o acné.
Andrea Paramos Nutricionista
Andrea Paramos Torreira (A Baña, 1999) estudei Nutrición Humana e Dietética na Universidade de Santiago de Compostela, no campus Terra de Lugo. Dietista – Nutricionista con gañas de poder axudar a xente en cambiar os seus hábitos alimentarios, e así contribuír a unha mellora da súa calidade de vida.
Atópame no facebook : Andrea Paramos Nutricionista