BATALLA DE OLIVEIROS CON FIERABRAS NO CAMPO DAS DUNAS. II Parte

Textos de Domingo Regueira inspirado por unha anciá de Sirves que lle falou dunha batalla alí ocorrida e que ela descubriu nun libro que lle trouxo seu pai da Arxentina. Referencias da batalla atopadas no Códice Calixtinus.

 

Lugar: Campo das Dunas
Olveira – Bretal – Sirves- RIBEIRA, 777 (ano máis, ano menos)

 

[lease en prosa]

Fierabrás alpetrechado, sae da cabalo o campo berrando con ton desafiante, insolente e ameazante, ó estilo dos <<Petriz, descendentes da nobreza indíxena galega, que levan nos cromosomas a milenaria herdanza de ríos de sangue, xenocidios, brutalidade, arrogancia e vaidade>>. Vamos. Que todo é deles, e a democracia é un entretemento para contentar as masas, facéndolles crer que teñen algúns dereitos.

Autografo de Carlomagno. O emperador só debuxaba o cadrado central, completando o resto os seus secretarios

Se aparejó Fierabrás,
y trajo consigo luego
diez mil hombres a peón,
dejándoles encubiertos;
con esto se entró en el Real,
en altas voces diciendo:
A dónde estás Carlo Magno,
que hoy un solo Caballero
viene a pedirte campaña,
envíame aquí a Oliveiros,
o al valeroso Roldan,
que yo hasta seis espero,
y les mantendré batalla,
hasta que te de fin de ellos.
Viendo que nadie salía,
determinado y soberbio
se tendió al pie de un árbol,
y se desarmo al momento,
y tendido como estaba
decía con gritos fieros:

….

 

Si Fierabrás era un animal, o Carlomagno tampouco lle negaba pares, pois segundo sabemos, polo arcebispo de Reims, medía oito pes de alto; pero dos del, a cabeza palmo e medio, e como ascuas de león, describía os ollos, que cando se encabuxaba, ós cabalos espantaba.

Pero Carlo Magno oyó
del bárbaro aquestos ecos,
a Ricarte Normandía,
la preguntó así diciendo:

Quies aquese pagano,
que desatinado, y ciego
nos está desafiando
a cuantos hay en el Reino?
Ricarte dijo: Señor,
ese noble Caballero,
es hijo del Almirante,
y agigantado en su cuerpo,
aquel que se metió en Roma
con notable atrevimiento
robó las Santas Reliquias,
por quien tanto padecemos.
Mandó llamar a Roldan,
estas palabras diciendo:

Sobrino del alma mía
a ti te toca el empeño,
el salir a la demanda
con ese bárbaro fiero,
y Roldan dijo: Señor,
ni yo, ni mis compañeros
no hemos de salir ninguno,
pues bien sabéis por cierto
cuando la escena pasada
de aquellos recios encuentros,
nos dijistes en la mesa:
los ancianos Caballeros
hoy han ganado la fama,
y a esos le toca primero
el salir a la demanda;

Como vedes, o Roldan, cuestionou con Carolus a súa vez na saída, encoraxouse o monarca e lanzoulle unha manopla, que lla esparrou na cara e sangraba pola boca. Endemoñado Roldan, botou man á espada, pero nun tris razoou, e depuxo a enganchada. —¡E coidado coa espada de Roldan! Que segundo Turpín contaba, Durandarte se chamaba, e no puño remataba, coa punta de unha lanza, que ferira a Xesús, cando da cruz colgaba.

O seguinte martes continuaremos coa batalla, suscríbete a listaxe “Todas as novas” do noso blogue para recibila no teu correo!

Quero recibir información da listaxe de:

¡Non enviamos spam! Lee a nosa Política de Privacidade.

"Arqueoloxia Barbanza"

Domingo Regueira defínese a si mesmo como un chapuzas artístico ou trapalleiro literario. Publica regularmente no seu perfil persoal de facebook e podes seguilo na súa páxina “Arqueoloxía Barbanza” onde atoparás mais do seu interesante traballo de investigación arqueolóxica da nosa contorna. Ademais, os seus contos actuais, cargados de sarcasmo, son publicados en La Voz de Galicia (sección Barbanza). Tamén é colaborador no blogue da Asociación Barbantia “Café Barbantia” e a miúdo debuxa. Unha das exposicións mais recentes foi no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal onde presentou unha serie de negras ilustracións sobre a obra do autor do esperpento.

Ensalada de quinoa, pementos asados e xurel ao forno

Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

INGREDIENTES
  • Quinoa
  • Pementos vermellos, verdes e amarelos
  • 1 xurelo aberto
  • 1 dente de allo
  • 1 cenoria
  • Sementes de sésamo
  • AOVE, sal, pementa negra
ELABORACIÓN
    1. – Prequentar o forno a 200º C.
    2. – Lavar a quinoa. Cocer en auga con sal. Retirar a auga e reservar.
    3. – Asar o xurelo ao forno durante 20-30 minutos. Cando arrefríe, retirarlle as espiñas e a pel.
    4. – Asar os pementos durante unha hora, ao mesmo tempo que o peixe, pero noutra fonte. Darlles a volta cando leven 30 minutos no forno. Ao sacalos do forno, cubrilos. Pelalos cando arrefríen e aderezalos con AOVE, sal e pementa.
    5. – Pelar, laminar e sofritir un dente de allo (mellor ao wok). Pelar e cortar a cenoria co pelador.
    6. – Engadir a cenoria ao sofritido. Incorporar a quinoa e as sementes de sésamo e saltear durante un par de minutos.
    7. – Empratar a quinoa cos pementos e o peixe cun pouco de AOVE e sal en escamas.
    Este prato está delicioso tanto frío como quente. A quinoa é un pseudocereal que posúe unha gran cantidade de proteínas. De fácil dixestión, é rica en ferro e vitaminas do grupo B e E. Tamén posúe saponinas, polo que é moi importante enxuagala baixo auga fría antes de cociñala.

      ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

       

      A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

      "Disfruta sin gluten"

      Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

      Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

      Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

      BATALLA DE OLIVEIROS CON FIERABRAS (O BRAZO FEROZ) NO CAMPO DAS DUNAS. I Parte

      Textos de Domingo Regueira inspirado por unha anciá de Sirves que lle falou dunha batalla alí ocorrida e que ela descubriu nun libro que lle trouxo seu pai da Arxentina. Referencias da batalla atopadas no Códice Calixtinus.

       

      Lugar: Campo das Dunas
      Olveira – Bretal – Sirves- RIBEIRA, 777 (ano máis, ano menos)

       

      [lease en prosa]

      Dende a lomba que separa Olveira de Corrubedo, dirixía Carlomagno a loita co sarraceno, cun exercito miúdo, responsos e padrenuestros, caían mouros a ducias, a centos e a milleiros. Cos Doce Pares de Francia, como lobos carniceiros, voaban testas e turbantes a cada golpe certeiro.

      Sobre esta mítica lomba tamén poden contemplar, a teofánica marca, que Carolus mandou gravar, co motivo da batalla en este campo dunar, para derrotar ó inimigo que facía tanto mal; roubando e matando, secuestrando e torturando, nunca se veu nada igual.

      Comeza o romance de Juan José López case fiel. Case…

      Suenen Cajas y Clarines,
      y sonoros instrumentos
      en acordes consonancias
      por los espacios del tiempo,
      para dar claras noticias
      del caso más estupendo,
      la más reñida batalla,
      y los más recios encuentros,
      que hubo entre espada y lanza,
      mano a mano y cuerpo a cuerpo.

      Con febre españoleira e vocación bieiteira , aínda poden escoitar, as ovacións que soltaban, árabes e cristiáns, nesta descrita batalla, onde o Conde Oliveiros a gañou por goleada, contra o infiel Fierabrás, que cun brebaxe sandaba enfermidades e dores, feridas e coiteladas, xarope que hoxe sería, a ruína boticaria.

       Se comenzó la batalla 
      con tanto valor y esfuerzo 
      que andaban los doce Pares 
      derribando Caballeros, 
      acuchillando turbantes, 
      cotas, y mallas de acero. 

      Pero viendo el Almirante 
      la perdida de su Reino, 
      mandó retirar su gente, 
      y con muy poco recelo 
      a su hijo Fierabrás 
      lo ha llamado así diciendo: 
      Bien sabes, hijo querido, 
      que estos doce Caballeros,
      que ha traído Carlo Magno, 
      son hombres de tanto arresto, 
      y me han muerto cien mil hombres,
      entre ellos mis Caballeros, 
      y por el Dios Apolín 
      que les hago juramento, 
      que he de tomar la demanda, 
      y me he de vengar de ellos. 

      Fierabrás dijo: Señor,
      eso queda de mi empeño,
      dadme licencia e iré al campo,
      a donde tiene el Real puesto, 
      y los llamaré a campaña,
      por ver si puede mi esfuerzo,
      uno a uno, o dos a dos
      darle fin a todos ellos.

      …agigantado en su cuerpo, 
      y con quince pies de largo,
      era una torre de huesos.

      O seguinte martes continuaremos coa batalla, suscríbete a listaxe “Todas as novas” do noso blogue para recibila no teu correo!

      Quero recibir información da listaxe de:

      ¡Non enviamos spam! Lee a nosa Política de Privacidade.

      "Arqueoloxia Barbanza"

      Domingo Regueira defínese a si mesmo como un chapuzas artístico ou trapalleiro literario. Publica regularmente no seu perfil persoal de facebook e podes seguilo na súa páxina “Arqueoloxía Barbanza” onde atoparás mais do seu interesante traballo de investigación arqueolóxica da nosa contorna. Ademais, os seus contos actuais, cargados de sarcasmo, son publicados en La Voz de Galicia (sección Barbanza). Tamén é colaborador no blogue da Asociación Barbantia “Café Barbantia” e a miúdo debuxa. Unha das exposicións mais recentes foi no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal onde presentou unha serie de negras ilustracións sobre a obra do autor do esperpento.