Écociña no camiño

Traduce el texto/ Translate

O pasado luns 29 de novembro estivemos presentes no acto de «Écociña» celebrado en Vigo por mor da entrega de distintivos aos establecementos que participamos nesta iniciativa da Xunta.

«Écociña no camiño» promove a cociña galega e sostible entre os establecementos que forman parte das rutas do Camiño de Santiago para dar a coñecer, entre os visitantes, peregrinos e turistas a calidade da nosa gastronomía.

Esta campaña comezou cunha formación e presentación en diferentes localidades sobre as vantaxes da cesta da compra de proximidade, a sostenibilidade e o compromiso co noso entorno, ademais de degustar produtos da zona elaborados por cociñeiros locais.

Este distintivo foi entregado aos establecementos que somos exemplo de boas prácticas por cumprir cos seguintes requierimentos:

 

CONSUMO RESPONSABLE DE AUGA

  • Saneamento
  • Minimizar o consumo
  • Tratamento de augas residuais
  • Uso de produtos de limpeza de baixo impacto medioambiental

XESTIÓN DE RESIDUOS

  • Reutilizar, reducir, reciclar
  • Consumo responsable
  • Provedores sostibles
  • Autoconsumo
  • Carta de tempada

ENERXÍA LIMPA

  • Enerxías renovables
  • Electrodomésticos de baixo consumo
  • Sistemas de eficiencia enerxética
  • Consumo enerxético responsable

ÁMBITO SOCIAL

  • Favorecer boas condicións laborais
  • Traballadores indefinidos en plantilla
  • Crecemento económico local
  • Promoción do turismo sostible

PESCA SOSTIBLE

  • Consumo de pesca artesanal
  • Consumo de pesca sostible certificada

PRODUTOS DE CALIDADE

  • Mercar a produtores locais
  • Traballar variedades tradicionais
  • Razas 100% autóctonas
  • Provedores con certificación de calidade

COMUNIDADES SOSTIBLES

  • Favorecer emprego no rural
  • Provedores de proximidade
  • Canles curtas de comercialización
  • Protección do patrimonio cultural e natural

Agradecemos o recoñecemento e seguiremos traballando en prol do produto local, de tempada e na #hosteleríaporelclima.

+ cousas que ver…

No se encontraron resultados

La página solicitada no pudo encontrarse. Trate de perfeccionar su búsqueda o utilice la navegación para localizar la entrada.

Libriños de follado con salmón e ensalada de mango

Receita sen glute de Lidia Filgueira de «Disfruta Sin Gluten» para Benboa.

INGREDIENTES 
  • 1 lámina de follado sen glute
  • 1 ovo
  • Salmón afumado
  • Queixo tetilla
  • Espárragos trigueiros
  • 1 aguacate
  • 1 tomate
  • 1 mango
  • AOVE, sal, vinagre de Módena
  • Sementes de sésamo e mapoula
ELABORACIÓN

Libriños de salmón, queixo tetilla e espárragos

  1. – Prequentar o forno a 180º C.
  2. – Lavar os espárragos e refugar o extremo final.
  3. – Cortar o follado en cadrados. Colocar un anaco de queixo, un pouco de salmón afumado e un par de espárragos.
  4. – Unir dous picos do cadrado e poñer unha tira de follado por enriba.
  5. – Pintar con ovo batido e adornar con sementes de sésamo e mapoula.
  6. – Introducir no forno a 180º C durante 15 minutos.

Ensalada de aguacate, tomate e mango

  1. – Pelar e partir un aguacate, un tomate e un mango.
  2. – Aderezar cun pouco de sal, AOVE e vinagre de Módena.
* O salmón afumado dálle un toque salgado ao follado, pero o mango é suave e refrescante. Sabedes que o mango é a froita nacional de tres países? India, Paquistán e Filipinas outorgáronlle este título. Un bocado exquisito que nos traslada a lugares exóticos.

    ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

     

    A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

    "Disfruta sin gluten"

    Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

    Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

    Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

    BATALLA DE OLIVEIROS CON FIERABRAS NO CAMPO DAS DUNAS. V Parte

    Traduce el texto/Translate page
    Textos de Domingo Regueira inspirado por unha anciá de Sirves que lle falou dunha batalla alí ocorrida e que ela descubriu nun libro que lle trouxo seu pai da Arxentina. Referencias da batalla atopadas no Códice Calixtinus.

     

    Lugar: Campo das Dunas
    Olveira – Bretal – Sirves- RIBEIRA, 777 (ano máis, ano menos)

     

    PARTE V

    [lease en prosa]

    Oliveros dixo: amigo,
    no me platiques en eso,
    como quieres que yo olvide
    a un Señor tan sabio, y bueno
    que con su grande poder
    crió la tierra, y el Cielo,
    aves, plantas, animales,
    y todo cuanto hay terreno,
    por adorar a los tuyos,
    que son falsos y embusteros,
    hechos de manos de hombres;
    mejor será, y mas cierto

    que tu te vuelvas Cristiano
    y serás mi compañero
    para defender la Fe
    de Cristo Redentor nuestro.
    Fierabrás dixo: eso no,[…]

    Hai un relato antigo que di, que neste entorno dunar, un temporal deixou os restos dunha casa ó descuberto con unha muller —tal vez momificada— portando unha tixola na man. Analizado este suposto suceso, suscitouse a teoría da probabilidade de que, o que figuraba ser unha casa, fora unha anta megalítica sen profanar, co enxoval intacto.

    Seguiremos insistindo nos vestixios sospeitosos, que dende a Eira Vella van ata o Outeiro Roxo.

    O sol que xa estaba canso de tan cruenta batalla, ía meterse no mar para refrescarse a cara, nesto Roldán se despega, nunha marcha galopada, para subirse a unha pedra a invocar unha pregaria, onde lle pedía a Deus, unha hora máis de sol, pa´rematala batalla, a que puxo a Corrubedo no horario de Canarias.

    Aínda agora poden ver, cun pouco de fe cristiá, as pegadas da montura, do cabaleiro Roldan, que ó gabear os penedos, deixou labrada a sinal, dos metálicos pezuños daquel robusto animal, forxadas coa mesma alquimia, que a súa espada Durandal.

    …y se fue luego al momento,
    donde estaban los barriles,
    y tomando un sorbo de ellos,
    al instante se halló sano,
    y esto que vió Oliveros,
    a la Purísima Virgen
    esta suplica le ha hecho:
    Sacra y Celestial Princesa,
    María Madre del Verbo
    a vuestras divinas plantas
    hoy humildemente llego,
    pidiéndote, Madre mia,
    me deis luz, favor, y acierto
    para poder conquistar
    este Pagano soberbio.
    Fierabrás le dixo: amigo,
    que oración es la que has hecho?
    con ella te has de sanar?
    Hoy por merced te prometo,
    que vengais a mis barriles
    y toméis un sorbo de ellos,
    y al instante estarás sano,
    y le respondió diciendo:
    no quiero yo nada tuyo,
    si no lo gano primero.

    Os Cantóns Foto: Arqueoloxía Barbanza

    Supoño que aqueles barriles contiñan unha sustancia milagrosa, como podía ser un licor de caramiñas, unxido co viño consagrado na Santa Cea, que o profano descubriu, cando dou co Sancto Graal. ¡E non miremos máis!

     

    Ficha do moulón:

    Fierabrás de Alexandría,
    el que a nadie tubo miedo:
    A penas tubo veinte años,
    cuando obstinado, y soberbio
    con su ejercito salió,
    y vino a el Romano Imperio,
    poniéndole sitio a Roma,
    con muy dañados intentos:
    Al fin venció la batalla,
    haciendo muchos excesos,
    y al apostólico dio
    muerte, y a otros caballeros,
    saqueando las Iglesias,
    y derrotando los Templos,
    halló las Santas Reliquias,
    donde fue el Señor embuelto,
    y a sus tierras las llevó,
    y en aqueste mismo tiempo
    en esa Corte de Francia
    habia criado el Cielo
    un Carlo Magno que fue
    azote de los protervos.

    ¿Vedes como levou as “Santas Reliquias”?

    ¿Fierabrás o asasino do Apostólico? ¡Alabado sexa Deus! Este anacronismo coido que merece tratalo en “Cuarto Milenio”, pois non vaia a ser o demo, que ó novo emperador, en vez de estar entretido co as armas de mutilar, i en exploralo espazo; lle dea por contactar cos poltergeits. Imaxinade que a través dun médium, se pon en contacto co Apóstolo. Mellor non inspirar ideas. Ata outro capítulo!

     

    O seguinte martes continuaremos coa batalla, suscríbete a listaxe «Todas as novas» do noso blogue para recibila no teu correo!

    Quero recibir información da listaxe de:

    ¡Non enviamos spam! Lee a nosa Política de Privacidade.

    "Arqueoloxia Barbanza"

    Domingo Regueira defínese a si mesmo como un chapuzas artístico ou trapalleiro literario. Publica regularmente no seu perfil persoal de facebook e podes seguilo na súa páxina «Arqueoloxía Barbanza» onde atoparás mais do seu interesante traballo de investigación arqueolóxica da nosa contorna. Ademais, os seus contos actuais, cargados de sarcasmo, son publicados en La Voz de Galicia (sección Barbanza). Tamén é colaborador no blogue da Asociación Barbantia «Café Barbantia» e a miúdo debuxa. Unha das exposicións mais recentes foi no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal onde presentou unha serie de negras ilustracións sobre a obra do autor do esperpento.