6 aloxamentos para amantes do mar na provincia da Coruña

Foto en portada: Hotel O Semáforo de Fisterra

Traduce el texto/Translate

Autor/a: Alba Campillo Gómez

A oferta aloxativa de Galicia é moi ampla e diversa, pero nesta publicación traémosvos unha proposta de establecementos de temática mariñeira por toda a provincia da Coruña. Ademais, neste artigo te indicamos de que Benboa te atopas mais preto para que a experiencia sexa totalmente con sabor a mar.

A CORUÑA

Comezando máis cara ao norte, atopámonos en Pontedeume co Hotel A Falúa, hotel de oito habitacións orientado ao mar e situado nunha casa mariñeira tradicional no centro desta vila. Trátase dun hotel de temática mariñeira con oferta de ocio de actividades relacionadas con este tipo de turismo e co turismo activo, polas inmediacións da Ría de Ares e das Fragas do Eume. Perfecto se estás a pasar uns días pola zona da Coruña, aproveitando para visitar o local de Benboa situado en pleno centro desta cidade.

Pontedeume. Foto: Raúl AB

Pasando do Golfo Ártabro á Costa da Morte, temos outra modalidade de aloxamento coa que mergullarnos no mundo mariñeiro: as Cabanas de Vendaval, campamento de
turismo de bungalows en Barizo, Malpica. Está composto por cinco cabanas de madeira de tipoloxía mariñeira nas que podes disfrutar dunha estancia de desconexión nesta comarca de Bergantiños, contando, ademais, cunha exposición de antigas ferramentas de carpintería de ribeira.

Foto As Cabanas de Vendaval

SANTIAGO

A continuación, descubrimos o Hotel La Marina, no camiño pola Costa de Morte en dirección sur, en concreto, no concello de Cee. Neste caso, o hotel conta con 32 habitacións ambientadas como camarotes e un espazo de divulgación enogastronómico, para poder vivir ao 100% a experiencia mariñeira desta zona de
Galicia.

Moi preto desta última estancia, chegamos ao fin do mundo, cun dos hoteis máis particulares e emblemáticos de Galicia: O Semáforo de Fisterra (foto en portada). Integrado no propio Faro de Fisterra, non conta só con servizo de aloxamento, composto por cinco habitacións únicas fronte ao mar galego, senón tamén cun restaurante, unha taberna mariñeira e ata un pequeno centro de interpretación. Poderás así disfrutar de primeira man da cultura marítima tan arraigada aquí, sen dúbida nun enclave inmellorable.

Estas dúas últimas opcións de aloxamento atópanse máis cerca de Benboa Compostela, de forma que se queres percorrer este tramo do Camiño de Santiago a Fisterra, tes así unha excelente opción gastronómica na capital xunto con dúas alternativas de aloxamento no final do itinerario.

CORRUBEDO

Xa ao ir descendendo cara ao remate da Costa da Morte, rumbo ás Rías Baixas, atopamos en Carnota o Hotel Faro de Lariño, outra estancia nun faro que xurdiu tras o éxito do de Fisterra. Os xerentes deste último puxeron en marcha estoutro aloxamento fareiro formado por nove habitacións, que inclúe tamén un centro de interpretación, unha taberna con produtos mariñeiros e unha tenda con artesanía local.

Faro de Lariño antes de ser reconvertido en hotel.

 

Concluímos esta ruta pola máis destacada oferta aloxativa mariñeira da provincia da Coruña co Hotel Porto de Muros Camiño Inglés. Este edificio, situado no casco
histórico da vila de Muros e a escasos metros do porto pesqueiro, dispón de 12
habitacións, parte delas con vistas ao mar. Ademais, na parte subterránea alberga unha biblioteca especializada na historia marítima de Muros.

Dende aquí, estamos máis preto de Benboa Corrubedo, onde poderíamos rematar o
percorrido mariñeiro pola costa da provincia coruñesa con gastronomía de proximidade das rías e mares de Galicia.

Aportacións, suxerencias, agradecementos…? Anímate a deixar un comentario neste artigo de Alba!

 

ALBA CAMPILLO Gomez

O meu nome é Alba e recentemente gradueime en Turismo e Ciencias Empresariais pola Universidade da Coruña.

Actualmente son guía turística nun museo, onde comecei compaxinando o final dos meus estudos e a realización dos meus traballos de fin de grao co labor de guía.

Son de A Coruña, pero a miña familia materna é do Barbanza, polo que sempre sentín un grande apego á cultura mariñeira, motivo polo cal nun dos mencionados traballos centreime en estudar o turismo mariñeiro desta zona, como unha maneira de dar visibilidade e poñer en valor este tipo de turismo tan arraigado á cultura marítima galega.

Suscríbete a listaxe “Todas as novas” do noso blogue para recibir as novidades en turismo mariñeiro no teu correo!

Quero recibir información da listaxe de:

¡Non enviamos spam! Lee a nosa Política de Privacidade.

Fin de semana “+ que tapas” VII Edición Barbanza-Arousa!

Traduce el texto/ Translate

Durante o venres, sábado e domingo terá lugar o certame “+ que tapas” nas localidades de Ribeira, Corrubedo e Palmeira.

Visitar, degustar e votar ten premio!Goza da mellor gastronomía e actividades culturais no Barbanza-Arousa.

Pide unha tapa nos establecementos participantes e puntúa a súa calidade mediante un código QR.

Ademáis de escoller a tapa gañadora, participas no sorteo de 5 lotes de produtos dos nosos patrocinadores por cada concello participante: Bodegas IXP Terras de Barbanza e Iria Flavia & Estrella Galicia. Os sorteos realizaranse o próximo día 10 de decembro, os gañadores/ as daranse a coñecer na web e as redes sociais de Barbanza Arousa. Desde a empresa xestora desta actividade, comunicarase de forma directa cos premiados/ as.

 

Barbanza Arousa atopase en Facebook , twitter e instagram. #bamaisquetapas

Establecementos participantes

 HORARIO DE TAPEO

Venres 3 De 20.00h a 23.00h
Sábado 4 De 13.00h ás 15.00h y de 20.00h a 23.00h
Domingo 5 De 13.00h ás 15:00h

 

 PREZO ÚNICO DA TAPA 2,50€

RIBEIRA


1.- COCOLUCHE.
 Plaza Teruel, 5
2.- ESMORGA. Campo de Marte
3.- ABUELA GLORIA. Rúa do Sal, 5
4.- O TEAR. Ramón y Cajal, 3
5.- EL GOLIMBREO. Campo de Marte, 7
6.- ALJAN. Miguel Rodríguez Bautista, 3
7.- DESVÁN. Manzanares, 26
8.- O FURANCHO. Praza Porta do Sol,12

CORRUBEDO

1.- SURSUM CORDA. Rúa Chaprado, 19
2.- O SECRETO. Rúa da Fonte, 68
3.- BENBOA. Travesía Torreiro, 1
4.- FERRUXE. Travesía Torreiro, 2
5.- O PEQUENO. Rúa Torreiro, 2
6.- PORTO. Rúa Torreiro, 4
7.- O POSITO. Rúa do Porto, 53
8.- CAMPING VALVERDE. Calle Agüeiros, s/n

PALMEIRA

1.- A DE BALDOMERO. Camiño Brañal, 1
2.- O ALEJANDRO. Rúa Porto, 16
3.- O MANOLO. Rúa do Porto
4.- O BALUARTE. Rua do Porto, 26

Écociña no camiño

Traduce el texto/ Translate

O pasado luns 29 de novembro estivemos presentes no acto de “Écociña” celebrado en Vigo por mor da entrega de distintivos aos establecementos que participamos nesta iniciativa da Xunta.

“Écociña no camiño” promove a cociña galega e sostible entre os establecementos que forman parte das rutas do Camiño de Santiago para dar a coñecer, entre os visitantes, peregrinos e turistas a calidade da nosa gastronomía.

Esta campaña comezou cunha formación e presentación en diferentes localidades sobre as vantaxes da cesta da compra de proximidade, a sostenibilidade e o compromiso co noso entorno, ademais de degustar produtos da zona elaborados por cociñeiros locais.

Este distintivo foi entregado aos establecementos que somos exemplo de boas prácticas por cumprir cos seguintes requierimentos:

 

CONSUMO RESPONSABLE DE AUGA

  • Saneamento
  • Minimizar o consumo
  • Tratamento de augas residuais
  • Uso de produtos de limpeza de baixo impacto medioambiental

XESTIÓN DE RESIDUOS

  • Reutilizar, reducir, reciclar
  • Consumo responsable
  • Provedores sostibles
  • Autoconsumo
  • Carta de tempada

ENERXÍA LIMPA

  • Enerxías renovables
  • Electrodomésticos de baixo consumo
  • Sistemas de eficiencia enerxética
  • Consumo enerxético responsable

ÁMBITO SOCIAL

  • Favorecer boas condicións laborais
  • Traballadores indefinidos en plantilla
  • Crecemento económico local
  • Promoción do turismo sostible

PESCA SOSTIBLE

  • Consumo de pesca artesanal
  • Consumo de pesca sostible certificada

PRODUTOS DE CALIDADE

  • Mercar a produtores locais
  • Traballar variedades tradicionais
  • Razas 100% autóctonas
  • Provedores con certificación de calidade

COMUNIDADES SOSTIBLES

  • Favorecer emprego no rural
  • Provedores de proximidade
  • Canles curtas de comercialización
  • Protección do patrimonio cultural e natural

Agradecemos o recoñecemento e seguiremos traballando en prol do produto local, de tempada e na #hosteleríaporelclima.

+ cousas que ver…

No se encontraron resultados

La página solicitada no pudo encontrarse. Trate de perfeccionar su búsqueda o utilice la navegación para localizar la entrada.