INGREDIENTES (Para 4 madalenas grandes)
- 1 plátano
- 2 ovos
- 65 gr. de flocos de avea sen glute
- 40 gr. de chocolate fundido con 1 cullerada pequena de aceite de coco
- 1 cullerada pequeña de fermento
- Pingas de chocolate
- Fideos de chocolate
- 1 bote de leite de coco (400 gr.)
- 50 gr. de fariña fina de millo
- Mel
- Zume de limón
ELABORACIÓN
Madalenas de chocolate
- – Prequentar o forno a 200° C.
- – Fundir o chocolate cunha cullerada pequena de aceite de coco e triturar todos os ingredientes.
- – Verter a masa enchendo os moldes de madalena e introducir pingas de chocolate.
- – Enfornar a 200º C durante 15 minutos.
Crema de coco
- – Separar un pouco de leite de coco e disolver a fariña fina de millo.
- – Poñer a quentar o resto de leite de coco a lume lento e incorporar o leite coa fariña fina de millo.
- – Revolver ata que espese. Retirar do lume, incorporar unha cullerada de mel e unhas pingas de zume de limón e arrefriar.
- – Adornar as madalenas coa crema de coco e engadir fideos de chocolate por enriba.
* Para que as madalenas sexan aptas para celíacos, é necesario que a avea estea certificada como sen glute. O leite de coco non contén lactosa, pero si minerais como calcio, magnesio e potasio. Posúe unha textura cremosa que combina á perfección co chocolate e dálle un toque tropical a esta receita.
¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!
A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…
"Disfruta sin gluten"
Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas.
Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.
Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso.