Puedes traducir este texto:
—–
Caldo de Faragullas é a nova sección do noso blogue onde imos a compartir trucos e consellos a modo de life hack de cociña.
Comezamos falando co chef Luis Villaverde cociñeiro en Compostela e quen xa leva bastantes anos tras os fogóns en Benboa.
Falamos do limón e do seu truco para sacarlle o máximo xugo a esta froita:
Tódolos cítricos, se os quentas no microondas un minutiño antes de exprimilos soltan moitísimo mais xugo, sobretodo no verán.
+ Life hack de cociña con cítricos
Os cítricos potencian o sabor en calquera comida, ademáis de gardar un alto valor nutricional. Destacan polos seus aceites esenciais e, aínda que non convén abusar, o consumo moderado de cítricos apórtanos moitos beneficios. Imos darche algunhas ideas life hack de cociña para incorpóralos no teu día a día:
Ensaladas
Podes substituír o vinagre por un pouco de xugo de limón e incorpóralo de este xeito as túas ensaladas.
Ademais, engade cuarteiróns de laranxa como outro ingrediente da mezcla, notarás a diferencia.
Peixes
Ós peixes fritos ou a grella séntalle moi ben unhas gotiñas de limón (nunca en exceso e sempre para quen guste).
Guisos
Engade un pouco de zume de laranxa ou mandarina aos guisos de carne, axudan a abrandala e a neutralizar a graxa!
Pódense preparar excelentes salsas con cítricos para acompañar as carnes, investiga e experimenta!
Arroz
Podes usar unhas gotiñas de limón no arroz para evitar que se pegue, tamén sairá mais branco!
Almorzo
Un vasiño de auga con limón no xaxún axúdanos a regular o metabolismo e poñelo en funcionamento nada mais erguernos.
Se estas a dieta, substitúe o zume de laranxa habitual polo de pomelo é diurético e menos calórico.
Postres
A raiadura de limón ou laranxa a miúdo e moi usada para darlle sabor aos doces. Non esquezas limpar a froita antes de raiala!
Cheiros no frigorífico
O limón é estupendo para atrapar os malos olores. Para evitar cheiros indesexados corta un limón a metade pincha nel uns poucos cravos en póla e garda no frigorífico.
Conxelados
Corta o limón en rebanadas e gardao no conxelador. Saca unha rebanada e engadea aos refrescos de cola no verán, deliciosamente refrescantes!
Determinados cítricos poden conxelarse. Os que mellor aceptan esta forma de conservación son as laranxas doces, pomelos e mandarinas, pero sempre que se prepararen peladas en rebanadas. Colocadas en recipientes fondoa e entre cada capa espolvoree azúcar, ou ben un almíbar medianamente azucarado, segundo o uso final ao que as destines. Pecha, etiqueta e conxela. Lembra desconxelar á temperatura ambiente unhas dúas horas antes de utilizar.
Se tes algún consello life hack de cociña do que podemos sacar todos proveito anímate a escribilo nos comentarios!
Segue as novidades do noso blogue e non te perdas nada.