Achegase o verán e todos queremos sentirnos cómodos na praia estreando traxe de baño . Segue estes consellos da nosa colaboradora en nutrición Andrea Paramos para ir preparando o teu corpo serrano para o verán. Dálle co cóbado ao que tes o lado e dille: acabouse cear do Mc Dowels compañeiro.
Ideas para cear lixeiro e saudable
É recomendable realizar ceas lixeiras, evitando excesos de graxas, favorecendo así unha boa dixestión e un bo descanso nocturno. Tamén se recomenda non cear demasiado tarde, sobre dúas horas antes de ir a durmir e establecer uns horarios constantes dentro do posible.
Podemos pensar que cear lixeiro significa ter que cear unha simple ensalada, pero cear lixeiro non significa renunciar ao sabor. Aquí vos deixo unha serie de ideas para cear de forma lixeira e saudable.
1. REVOLTO DE CHAMPIÑÓNS E ESPINACAS
INGREDIENTES
- 2 ovos
- Champiñóns
- Espinacas
- Cebola
- Aceite de Oliva Virxe Extra
ELABORACIÓN
- -Primeiro cortar a cebola en tiras. A continuación, limpar e cortar os champiñóns en láminas. E por último, lavar as espinacas e cortalas en tiras se son moi grandes.
- -Nunha tixola ou wok con un chorro de AOVE saltear a cebola cos champiñóns a fogo medio, ata que os champiñóns estean case feitos. Engadir as espinacas e saltealas cos champiñóns.
- -Mentres, bater os ovos.
- -Nun recipiente, mesturar os ovos batidos coas verduras xa feitas e engadirlle un pouco de sal.
- -Verter a mestura na tixola con unhas gotiñas de aceite e deixar que se cociñe. Darlle a volta para terminar de cociñar polo lado contrario (como se fose unha tortilla de patacas). Retirar e servir.
2. SALTEADO DE QUINOA, POLO E VERDURAS
INGREDIENTES
- Quinoa
- Peituga de polo
- Champiñóns
- Pemento verde
- Pemento vermello
- Cebola
- Salsa de soia
- Aceite de Oliva Virxe Extra
ELABORACIÓN
- -Cocer a quinoa segundo as indicacións do paquete.
- -Mentres se coce a quinoa, preparamos o acompañamento. Lavamos e cortamos en tiras finas os pementos. E cortamos en tiras tamén a cebola e o polo.
- -Nun wok cun pouco de AOVE salteamos a cebola co pemento e os champiñóns.
- -Unha vez cociñado, engadimos as tiras de polo e a salsa de soia.
- -Cando estea feito o polo tamén, engadimos a quinoa ao wok e salteamos todo xunto durante 2-3 minutos. Retirar e servir.
3. POKE
O poke é unha ensalada de peixe cru servida como aperitivo ou prato principal na cociña hawaiana. Hai moitos xeitos de preparalo e aquí vos deixo unhas ideas de ingredientes a combinar, de aquí poden sair platos diferentes para cada día.
INGREDIENTES
- BASE de arroz
- PROTEÍNA a escoller
- Polo
- Atún
- Salmón afumado
- Lagostinos
- ACOMPAÑAMENTOS a escoller:
- Cebola
- Aguacate
- Mango
- Piña
- Cenoria
- Millo
- Cogombro
- Tomate cherry
- Sementes de sésamo
- Noces
- Salsa de soia
4. AS TOSTAS
As tostas sempre son recursos aos que podemos botar man se estamos preguiceiros para cociñar.Estes son alguns exemplos de tostas saudables:
- Tosta de ovo á prancha, espinacas e xamón serrano
- Tosta de aguacate, tomate e ovo á prancha
- Tosta de aguacate, tomate e atún ao natural
- Tosta de salmón afumado, aguacate e canónigos
- Tosta de tomate, xamón serrano e AOVE
- Tosta de tomate, mozzarella e albahaca
4. ENSALADAS
- Ensalada 1: Leituga, espinacas, tomate cherry, rulo de cabra e noces.
- Ensalada 2: Leituga, espinacas, tomate cherry e lagostinos.
- Ensalada 3: Canónigos, peituga de polo á prancha, pasta integral, tomates cherry e cebola.
Andrea Paramos Nutricionista
Andrea Paramos Torreira (A Baña, 1999) estudei Nutrición Humana e Dietética na Universidade de Santiago de Compostela, no campus Terra de Lugo. Dietista – Nutricionista con gañas de poder axudar a xente en cambiar os seus hábitos alimentarios, e así contribuír a unha mellora da súa calidade de vida.
Atópame no facebook : Andrea Paramos Nutricionista