Flores de améndoa con curcuma latte

Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

INGREDIENTES 
  • 125 gramos de améndoa moída
  • 1 ovo
  • 4 culleradas de azucre moreno
  • 1 chisco de sal
  • Limón relado
  • Améndoa para decorar
  • Un vaso de leite ou bebida vexetal
  • Especias: cúrcuma, canela, pementa negra, cravo,
  • Aceite de coco
ELABORACIÓN

Galletas de améndoa

  1. – Quentar o forno a 170ºC con calor arriba e abaixo, sen ventilador.
  2. – Separar a clara e reservar a xema.
  3. – Montar a clara a piques de neve co chisco de sal e engadir aos poucos o azucre, o limón relado e a améndoa moída.
  4. – Mesturar a masa, formar as galletas, pincelar coa xema de ovo batida e decorar.
  5. – Enfornar a 170ºC durante 15 minutos.

Cúrcuma latte ou leite dourado

  1. -Quenta o leite ou a bebida vexetal.
  2. -Engade unha cullerada pequena de canela, unha cullerada pequena de cúrcuma, un chisco de pementa negra, dous cravos e unha cullerada pequena de aceite de coco.
* As galletiñas de améndoa podes facelas finas e crocantes ou grosas e saborosas. Coñeces a cúrcuma latte? É antioxidante, antiinflamatoria e inmunoestimulante. A pementa negra e o aceite de coco potencian as propiedades da cúrcuma. Podes adozala con azucre, mel ou pasta de dátiles. Está boísima.

    ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

     

    A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

    "Disfruta sin gluten"

    Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

    Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

    Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *