Tenéis vino de la casa? Do you have house wine?
Sí, temos viño da casa da nosa propia marca ATLANTEAT. Unha pequena xoia descuberta e producida nas bodegas galegas para Benboa. Atlanteat permite unha perfecta maridaxe coas propostas da nosa carta. Podes atopar as seguintes d.o:
ALBARIÑO (D.O Rías Baixas) Albariño exclusivo Atlanteat. 100% orixinario do val do Salnés. Elaborado con uvas de viñedos con máis de 30 anos. Os seus solos franco-arenosos e o clima atlántico orixinan este viño sutil, aromático e fresco.
MENCÍA (D.O Ribeira Sacra) Viño elaborado con uva 100% Mencía recollida na zona da Ribeira do Sil, en viñas coidadas con moito agarimo. Elaborado por métodos tradicionais con fermentos autóctonos en depósitos de aceiro. Viño estruturado, con taninos de froita madura ben redondeados que convidan a beber.
GODELLO (D.O Ribeiro) Este viño monovarietal foi elaborado coa caste Godello, cultivada en diferentes tipos de solo nas ladeiras do río Avia, dende 90 a 430m. de altitude sobre o nivel de mar e baixo un clima continental mediterráneo. Xeografía e climatoloxía achéganlle mineralidad, frescura e complexos toques de froita. Fala dunha terra e dunha forma de entender a viticultura.
RIBEIRO (D.O Ribeiro) Elaborado con castes de Treixadura e Albariño, cultivadas con agarimo nos ricos terreos á ribeira do río Avia cun inmellorable clima para o seu crecemento. Trátase dun viño tradicional de Ribero con carácter seco e notas que reflicten a mineralidad das variedades seleccionadas.
Contén sulfitos – Prohibida a venda a menores de 18 anos.