Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.
INGREDIENTES
- Espaguetes sen glute
- 1 cenoria
- 1 dente de allo
- Alga espagueti de mar
- Berberechos
- Pan relado sen glute
- AOVE, sal e limón
ELABORACIÓN
- – Hidratar o alga en auga durante 30 minutos. Escorrer e reservar.
- – Cun pelador, pelar a cenoria e cortar en tiras. Cortar as tiras (ao longo) á metade.
- – Cocer os espaguetes en auga con sal. Escorrer e reservar.
- – Facer os berberechos ao vapor. Separar o berberecho da casca e engadir unhas pingas de limón.
- – Partir un dente de allo, sofritir e engadir o alga e a cenoria. Cando estean tenros, agregar unha cullerada de pan relado sen glute.
- – Incorporar os berberechos e os espaguetes e servir.
¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!
A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…
"Disfruta sin gluten"
Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas.
Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.
Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso.