Ensalada de quinoa, pementos asados e xurel ao forno

Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

INGREDIENTES
  • Quinoa
  • Pementos vermellos, verdes e amarelos
  • 1 xurelo aberto
  • 1 dente de allo
  • 1 cenoria
  • Sementes de sésamo
  • AOVE, sal, pementa negra
ELABORACIÓN
    1. – Prequentar o forno a 200º C.
    2. – Lavar a quinoa. Cocer en auga con sal. Retirar a auga e reservar.
    3. – Asar o xurelo ao forno durante 20-30 minutos. Cando arrefríe, retirarlle as espiñas e a pel.
    4. – Asar os pementos durante unha hora, ao mesmo tempo que o peixe, pero noutra fonte. Darlles a volta cando leven 30 minutos no forno. Ao sacalos do forno, cubrilos. Pelalos cando arrefríen e aderezalos con AOVE, sal e pementa.
    5. – Pelar, laminar e sofritir un dente de allo (mellor ao wok). Pelar e cortar a cenoria co pelador.
    6. – Engadir a cenoria ao sofritido. Incorporar a quinoa e as sementes de sésamo e saltear durante un par de minutos.
    7. – Empratar a quinoa cos pementos e o peixe cun pouco de AOVE e sal en escamas.
    Este prato está delicioso tanto frío como quente. A quinoa é un pseudocereal que posúe unha gran cantidade de proteínas. De fácil dixestión, é rica en ferro e vitaminas do grupo B e E. Tamén posúe saponinas, polo que é moi importante enxuagala baixo auga fría antes de cociñala.

      ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

       

      A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

      "Disfruta sin gluten"

      Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

      Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

      Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

      Deja una respuesta

      Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *