Ensalada de cogollos de Tudela con lagostinos á prancha, aguacate e laranxa

Receita sen glute de Lidia Filgueira de «Disfruta Sin Gluten» para Benboa.

INGREDIENTES (1 persoa)
  • 5 lagostinos
  • 1 dente de allo
  • 1 cogollo de Tudela
  • 1 laranxa
  • 1 ravo
  • 4 tomates cereixa
  • Canónigos
  • AOVE, sal e limón
Cogollos de Tudela
ELABORACIÓN
  1. – Pelar e limpar os lagostinos. Sofritir un dente de allo con AOVE e incorporar os lagostinos. Cando estean dourados, engadir un chisco de sal e zume de limón.
  2. – Cortar a laranxa á metade. Partir varios anacos e facer zume coa outra metade. Reservar.
  3. – Pelar, partir e triturar o aguacate cun pouco de sal e limón e colocalo sobre catro follas de cogollos. Colocar sobre eles a laranxa partida e os lagostinos.
  4. – Partir os tomates e o ravo.
  5. – Mesturar varios anacos de cogollos coa laranxa, os ravos, os canónigos e os tomates cereixa cunha vinagreta de AOVE, sal e zume de laranxa.

Como todos os mariscos, os lagostinos son ricos en proteínas e posúen vitaminas do grupo B (B3, B9, B12) e minerais como calcio, potasio e sodio. Normalmente consumímolos con zume de limón, pero, probástelos con laranxa? Impresionantes!

    ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

     

    A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

    "Disfruta sin gluten"

    Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

    Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

    Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *