Menú do día

Dispoñemos de menú do día. En verán, o menú do día servese de luns a venres no xantar . En inverno, só os venres oa mediodía. Para coñecer os pratos do menú do día consultar ó persoal do noso restaurante ou chamar por teléfono.

 A nosa carta en Corrubedo

DESCARGAR CARTA PDF ||

A partir de 8 persoas | Menús para grupos

DESCARGAR MENÚS PDF ||

Se desexas celebrar unha comida con amigos, familiares, compañeiros de traballo, etc. Dispoñemos de catro menús para grupos a vosa elección. Neste caso e indispensable facer a reserva por teléfono +34 981 86 51 28.

Condicións dos menús

Menús dispoñibles para comidas ou ceas previamente concertadas e para un mínimo de 8 comensais. Servirase un único menú  para toda a mesa, podendo, cada comensal, elexir o seu prato principal no momento de formalizar a reserva.

Estímase un consumo máximo de viño de media botella por persoa, ademáis de augas e refrescos. O viño que exceda desta cantidade, ou a petición doutras bebidas diferentes as indicadas, cobraranse según a listaxe de prezos.

De non avisar ó restaurante con 6 horas de antelación da baixa de algún comensal o menú será abonado de igual xeito. (Para xantar,  antes das 10.00h e para cear, antes das 15.00h do mesmo día )

No caso de solicitalo, Benboa conta cun servizo de coctelerá e combinados que se poderán disfrutar na propia mesa ou na zona da taverna.

Os prezos dos menús inclúen o IVE.

Sábados Degustación, de xaneiro a maio

De xaneiro a maio, cada dous sábados, en Benboa Corrubedo para cear poderás desfrutar do noso menú degustación. Son menús diferentes cada noite i elaborados con agarimo. Para coñecer os pratos dos Sábados Degustación séguenos nas redes sociais.

 Menús Día Especial

Para que poidas disfrutar cos teus preparamos menús específicos para celebrar certas datas como o Nadal, Noite Vella, Reis, o Día dos Namorados, o Día do Pai, o Día da Nai, etc.

Os menús de días especiais só se sírven facendo a reserva previamente. Para consultar a lista de pratos dos menús para días especiais séguenos nas nosas redes sociais ou consulta o noso blogue. 

Heeeeeyyyy!!

¿Coñeces a nosa peixería?

Os mellores peixes e mariscos capturados a diario pola frota artesanal das Rías Baixas
Escolle ti mesmo na nosa peixería! Máxima calidade e frescura.
Peixes enteiros ou en porcións asados na nosa parrilla e resaltando o seu delicado sabor.
Acompañados dos mellores vexetais e saborosos purés. O mellor de Galicia no teu plato!

Séguenos en instagram!
× Ola!