Traslatio, a historia dunha viaxe
Por mor da celebración esta semana do Día Mundial dos Museos hoxe no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela e ata o día 20 de maio na súa programación inclúe a proxección do documental divulgativo “Traslatio, a historia dunha viaxe” sobre a lenda fantástica da «Traslatio», na que se narra como o corpo do apóstolo Santiago chega até o noroeste da Península Ibérica. Esta narración percorre os lugares e os acontecementos relatados no lendario onde se conta a chegada do corpo de Santiago desde Jaffa ao definitivo enterramento no bosque do Libredón.
Podes ver o documental divulgativo «A Traslatio» no Auditorio do Museo das Peregrinacións
Pases continuos desde as 11:00 ás 13:00 en galego, castelán e inglés.
Todos os públicos
Visitas contadas
Ás 12:00h e ás 18:00h
Todos os públicos
Este ano o lema do DIM convídanos a reflexionar sobre o ‘Poder dos Museos’. Nestas visitas contadas especiais DIM veremos o poder destas entidades. Poñeremos unha lupa en toda a vida invisible que se esconde detrás dos marcos, peanas e vitrinas dos Museos. O noso obxectivo é poñer a disposición da cidadanía o seu patrimonio artístico e cultural, con todas as reviravoltas que implica.
Visitas dispoñibles até completar capacidade. Non quedes sen a túa praza e anticípate en reservas.mdperegrinacions@xunta.gal ou no 881.867.40
Achegamoste a ligazón por se non te podes achegar a Santiago VER EN YOUTUBE