Showing 23 Result(s)

BATALLA DE OLIVEIROS CON FIERABRAS NO CAMPO DAS DUNAS. VIII Parte

Traduce el texto/Translate page
Textos de Domingo Regueira inspirado por unha anciá de Sirves que lle falou dunha batalla alí ocorrida e que ela descubriu nun libro que lle trouxo seu pai da Arxentina. Referencias da batalla atopadas no Códice Calixtinus.

 

Lugar: Campo das Dunas
Olveira – Bretal – Sirves- RIBEIRA, 777 (ano máis, ano menos)

 

PARTE VIII

[lease en prosa]

Pra rematar este conto —como prometeu o xograr—, busquei por todos recunchos e no puiden encontrar, quedando empantanado sen podelo acabar, pero pra que esto non suceda, mirarei por outro lado, por si o caso se dera de algún lector enganchado. Pois sería unha faena o deixalo aquí plantado, no final deste relato coitadiño e malpocado.

Tamén puido ocorrer,
que o xograr romanceiro, 
nos deixara aquí plantados, 
por no ferir a estima, 
dos come-teles e alienados, 
fanáticos patrioteiros 
mercenarios do oligarca,
vasalos do señorío,
resinados coa miseria, 
conformistas coa desgracia, 
que aceptan con cega fe 
e innegable convicción,
os explícitos recibos
de teléfonos, fenosas,
lixo e contribución.

batalla de Carlomagno con Fierabrás

Para describir el cuadro
de aquel Campo de Batalla,
tendría que ser un diestro,
con la tecla literaria,
y como este no es el caso,
yo me limito a guiar,
para que por su mano vean,
el espantoso final
de aquella carnicería,
sangre, dolor, gritería, 
sin ambulancias, camillas
ya no digamos quirófanos, 
escayola ni aspirinas.
Los mutilados sangrando,
los moribundos rezando,

y para que no sufrieran,
ya lo pidieran o no,
sus compañeros los iban,
a todos…,

Entre los fétidos bafos,
de las tripas humeando
arrastrando en parihuelas
los fueron amontonando
a todo el largo del campo
enterrando los principales
como mandaban sus normas
en túmulos individuales:

Celebraron las exequias 
montando altares y estrados
con cantos rezos y lloros,
y fuegos por todos lados.

Cada uno con su rollo,
embaucaba a su tropa,
diciéndoles que las almas,
en la punta de las llamas 
a Dios iban viento en popa,
y los estaba esperando el viejo Papa de Roma,

mientras que a los paganos moros
los esperaba Mahoma. 

 

Cando acabou a tregua, para estes menestreis, levantouse unha surada, que as areas levantaba, e así foi como o vento, se encargou de sepultar, os milleiros de almiñas, que alí foron a parar, formando aquel albo tombo, chamado Monte Dunar.

Que vayan los armadanzas 
a defender su tajada,
heráldicas y blasones,
pazos, yates y esmeraldas
glamoures de lencería
colgajos y lentejuelas
de fina pedrería.
Que marchen ellos delante
los que provoquen las guerras
que organicen su mesnada
con sus mujeres y suegras 
y dejen de engañarnos con
la tropa mercenaria
que al fin y al cabo compuesta
por gente necesitada
igual que en tiempos de levas
que la cogían forzada
que dejen a los chavales
vivir la vida hasta viejos
sin que sus mentes sufran,

los traumas de la barbarie.

Retomemos ahora el texto,
para intentar acabar,
esta pesadilla arcana
que me vai a tolear.

Se retiran los ejércitos
de espaldas al temporal
y mirando hacia atrás
desde lo alto exclaman:

¡Xa non quero nin ver tal!

Y así fue como quedó, en la la memoria popular, el nombre que hoy conocemos, como entidad de Bretal.

Dende o monte da Cidá
Roldán moi contrariado
non ten para si sosego
pensando nos secuestrados.

Xa perderon a esperanza
de podelos liberar
e aínda por encima,
os teñen que abandonar.

Xa pouco queda que soportar.

Y mirando a su espada
estas historias le hablaba:
Nunca ha sobrevivido,
quien por ti resultó herido.
Mucho me dolería,
si cayeras en las manos 
de cualquiera golfería.
¡Oh! espada felicísima
de rápida estocada,
que nunca ha tenido igual
ni lo tendrá mañana
y para que esto no ocurra
te voy a reventar 
contra estos Cornos do Boi,
para que nunca jamás
nadie te vuelva a usar.

Pronunciando aqueles salmos, levantou aquela espada que descargou contra a rocha que en Ribeira chaman Rá, pedra que aínda alí se atopa, pedra que aínda alí está, agarrada nunha curva que sube o castro da Cidá.

E para asombro de todos, o podedes comprobar, como quedou a dita pedra, que lle falta a mita, sen que á Durandaina espada, nin o brillo lle saltara.

Viendo que no podía,
deshacerse del acero
hecho mano al olifante
y le pegó tal soplada 
que reventó en dos trozos
para que nadie llamara 
a ninguna juventud
jamás a una batalla.

O seguinte martes continuaremos coa batalla, suscríbete a listaxe «Todas as novas» do noso blogue para recibila no teu correo!

Quero recibir información da listaxe de:

¡Non enviamos spam! Lee a nosa Política de Privacidade.

"Arqueoloxia Barbanza"

Domingo Regueira defínese a si mesmo como un chapuzas artístico ou trapalleiro literario. Publica regularmente no seu perfil persoal de facebook e podes seguilo na súa páxina «Arqueoloxía Barbanza» onde atoparás mais do seu interesante traballo de investigación arqueolóxica da nosa contorna. Ademais, os seus contos actuais, cargados de sarcasmo, son publicados en La Voz de Galicia (sección Barbanza). Tamén é colaborador no blogue da Asociación Barbantia «Café Barbantia» e a miúdo debuxa. Unha das exposicións mais recentes foi no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal onde presentou unha serie de negras ilustracións sobre a obra do autor do esperpento.

A Ruta Traslatio: Ruta Xacobea marítimo-fluvial polo mar de Arousa e o río Ulla

Traducir texto

Autor/a: Alba Campillo Gómez

Un dos tesouros máis prezados de Galicia, declarado Patrimonio Mundial da UNESCO
en 1993 e o primeiro Itinerario Cultural do Consello de Europa en 1987, é o Camiño de
Santiago. Todos coñecemos o popular Camiño Francés –ruta máis transitada do
Camiño– ou os diversos itinerarios que transcorren polo norte peninsular, pero un non tan coñecido é a Ruta Traslatio, a Ruta Xacobea marítimo-fluvial polo mar de Arousa e o río Ulla.

Ruta Traslatio

A peregrinación a Compostela baséase na presenza na Catedral da tumba de Santiago Apóstolo, que foi trasladado dende Xerusalén a Galicia por mar. Isto é o que se coñece como Traslatio, de forma que a ruta homónima trata de conmemorar este importante fito na historia do Camiño. En 1999 foi considerada de interese cultural e galego pola Xunta de Galicia, e algúns considérana o primeiro dos camiños xacobeos. Cada ano, entre os meses de xullo e agosto, lévase a cabo unha procesión marítimo fluvial que comezou a celebrarse nos anos 60, co nacemento da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. Nesa mesma época, colocáronse 17 cruceiros en puntos clave para balizar e sinalizar a ruta, facendo desta o único viacrucis marítimo de todo o mundo. Partindo de diferentes portos da ría de Arousa, as embarcacións participantes diríxense a Pontecesures e Padrón.

Percorrido

A Ruta Traslatio confórmana 22 concellos das provincias de Pontevedra e A Coruña, existindo a posibilidade de partir de dous puntos distintos: do Porto de Ribeira, moi preto de Benboa Corrubedo, ou do Porto Deportivo de Pedras Negras, en San Vicente do Mar (O Grove); ambos constituíntes da boca de entrada á ría. O punto de chegada é o porto fluvial do río Ulla en Padrón, e dende alí a ruta por auga compleméntase cun itinerario terrestre seguindo o Camiño Portugués ata Santiago, onde un bo agasallo para os peregrinos é poder deleitarse co mellor da gastronomía galega en Benboa Compostela.

Ademais, o camiño por terra antes de chegar a Padrón ten dúas variantes principais: o Camiño Traslatio Norte, traxecto de 79 km de Ribeira a Santiago, e o Camiño Traslatio Sur, que se estende a través de 98 km dende Adro Vello (O Grove) ata Santiago de Compostela. Pero tamén cabe destacar outra alternativa de percorrido desta Ruta Xacobea… Na ría de Arousa, como é ben sabido, atópase a orixe de moitas figuras literarias destacadas da nosa terra, e por iso xurdiu a Guía Literaria da Ruta Xacobea do mar de Arousa e o río Ulla, que nos permite descubrir recunchos ligados á vida e obra de Valle-Incán, Rosalía de Castro, Camilo José Cela ou Castelao.

Diploma Traslatio Xacobea

Unha vez finalizada a ruta, a aquelas persoas que obtiveran todos os selos na súa Cartilla de Navegación da Traslatio, en cada un dos portos correspondentes, outorgaráselle o diploma Traslatio Xacobea, entregado polo Concello de Padrón. Nos portos de partida da ruta facilítase esta cartilla e, ademais do selo obtido nestes portos, o requisito é acadar, polo menos, outros dous: un na beira norte da ría ou do río (provincia da Coruña), e outro na beira sur (provincia de Pontevedra). Desta maneira, todo peregrino disporá da súa credencial por ter realizado a Ruta Traslatio.

O valor cultural desta Ruta Xacobea marítimo-fluvial móstranos, unha vez máis, a importancia do papel do mar na historia e cultura galegas, conxugando, neste caso, o patrimonio intanxible do Camiño de Santiago coa multitude de vilas vencelladas ao turismo mariñeiro ao longo de toda a ría de Arousa.

Aportacións, suxerencias, agradecementos…? Anímate a deixar un comentario neste artigo de Alba!

 

ALBA CAMPILLO Gomez

O meu nome é Alba e recentemente gradueime en Turismo e Ciencias Empresariais pola Universidade da Coruña.

Actualmente son guía turística nun museo, onde comecei compaxinando o final dos meus estudos e a realización dos meus traballos de fin de grao co labor de guía.

Son de A Coruña, pero a miña familia materna é do Barbanza, polo que sempre sentín un grande apego á cultura mariñeira, motivo polo cal nun dos mencionados traballos centreime en estudar o turismo mariñeiro desta zona, como unha maneira de dar visibilidade e poñer en valor este tipo de turismo tan arraigado á cultura marítima galega.

Suscríbete a listaxe «Todas as novas» do noso blogue para recibir as novidades en turismo mariñeiro no teu correo!

Quero recibir información da listaxe de:

¡Non enviamos spam! Lee a nosa Política de Privacidade.

5 ideas agasallo con selo galego

Traduce el texto/ Translate

Chegadas estas datas, moitas veces nos despistamos cos regalos e andamos a comprar chorradas a última hora coas que, aparte de non acertar, gastamos os cartos en balde.

Queremos darvos unhas ideas para poder completar os vosos agasallos con éxito ademais de ser algo único, para tódalas idades e que nos represente como galegos (posto que non todolos regalos veñen de oriente ;D). 

Para quen está fora de Galicia é unha sinxela forma de obter produtos orixinais e galegos a domicilio e con este xesto, estarás apoiando as iniciativas emprendedoras da nosa terra.

Colle o caderno e toma nota!

 

1. Para os amantes das cousas bonitas: Florandeira.

Esta floristería de Paderne (A Coruña) que podes atopar en liña e que rexenta Verónica Souto é un legado de negocio familiar que con moito esforzo e ilusión se adoptou perfectamente ós tempos que corren.

No seu sitio web podes atopar un perfecto agasallo tanto que perdure no tempo como son as flores preservadas ou tamén algo mais efémero e vigoroso como son as flores frescas de tempada.

Podes atopar cousiñas estupendas para os amantes da decoración do fogar con flores fermosas.

Xarrón de flores secas “Ámbar” de floradeira.es

2. A moda atlántica coa que acertarás: Somos Océano

Para acertar seguro-segurísimo e non equivocarnos recomendamos sen lugar a dúbidas a Somos Océano.

Detrás deste proxecto atopase Ana e Fran, quen, a través das súas coloreadas redes sociais, nos alegran o noso día a día presentándonos o seu traballo dunha forma entretida e orixinal. Igual que Benboa son fans do deseño #sostible e na súa tenda en liña podes atopar agasallos para toda a familia dende camisetas, suadoiros e calcetíns….Como os de estas latiñas de conserva da imaxe que podes personalizar escollendo os deseños que mais che gusten da súa colección.

Lata persoalizable con 4 pares de calcetíns de somosoceano.com

3. Pezas de artesáns de Galicia: O Faiado

O Faiado é unha tenda e galería de arte e artesanía galega con xa dez anos de actividade.

A novidade desta tenda e que dende o ano pasado podes atopar as suas peculiares pezas de artesanía tamén a venda de forma online achegándote a casa algúns dos moitos artigos que alberga este local da Rúa de Galicia, nº 81 de Ribeira, onde se atopa.

Encontrarás artigos para tódalas idades, únicos no mundo e feitos a man dende prezos moi asumibles para tódolos petos.

Pulseira Octans III con cristales de Swarovski e fío de arame ofaiado.com

4. artegalega.com: Os Catro Gatos en Rede

A galería de arte galega de Santiago de Compostela Os Catro Gatos esta detrás dende xullo deste ano do proxecto de venda de arte online de artistas galegos ou afincados en Galicia.

Ao redor de 25 artistas participan coas súas obras neste proxecto que xa comezou a facer os seus primeiros envíos de arte polo mundo.

Pódense atopar prezos moi asumibles apostando polas promesas mais emerxentes da arte galega como Alejandra Pardo ata artistas mais consolidados no mercado como Tino Canicoba, como exemplos.

 

«Saíndo do rosario» talla en madeira de Tino Canicoba. Podes atopar + obras en artegalega.com

5. Para «Galician foodies»: Benboa

Non podemos pechar esta listaxe de recomendacións sen autorecomendarnos.

Porque regalar Benboa é regalar un momento para compartir con esas persoas especiais que tanto queremos.

Regalar Benboa é dar a coñecer a riqueza gastronómica da nosa cociña atlántica aos nosos familiares e amigos.

Os bono agasallo de Benboa son menús individuais adaptados a tempada do peixe e do marisco así como a madeira utilizada na brasa que outorga un punto diferencial a nosa cociña.

Consulta os nosos bono-agasallo en benboa.com/regalabenboa/

Xa sabes, este nadal non andes as presas e regala algo con xeito e con selo galego.