Showing 25 Result(s)

Biscoito dobre chocolate ao microondas con marmelada de grosella vermella

Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

X Sen forno X Sen azucre X Sen lácteos X Sen glute

INGREDIENTES 
  • 2 plátanos
  • 2 ovos 
  • 30 gr. de fariña (de trigo sarraceno
  • 30 gr. de cacao en po 
  • Pingas de chocolate 
  • 5 gr. de fermento 
  • 100 gr. de grosellas vermellas 
  • 70 gr. de pasta de dátil 
  • Zume de limón
ELABORACIÓN
  1. – Cortar, pelar e esmagar os plátanos cun garfo.
  2. – Bater os ovos e engadilos á masa de plátano.
  3. – Incorporar o cacao, a fariña, o fermento e revolver.
  4. – Engadir e mesturar as pingas de chocolate.
  5. – Repartir a mestura nun molde, decorar con pingas de chocolate e introducir o molde no microondas a máxima potencia durante 5 minutos.
  6. – Para a marmelada de grosella, introducir as grosellas nun cazo, engadir a pasta de dátil e unhas pingas de limón. Cubrir cun pouco de auga e cocer durante 10 minutos, ata que se evapore a auga..
* As medidas do molde son de 23×15 cm. No meu perfil de Instagram podedes ver a receita de pasta de dátil. Ademais de fibra, os dátiles conteñen potasio, calcio, ferro e magnesio, pero se preferides utilizar azucre podedes substituílos por unha cantidade un pouco maior (100 gramos de azucre).

    ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

    A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

    "Disfruta sin gluten"

    Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

    Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

    Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

    espaguetis de mar

    Espaguetes de mar

    Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

    INGREDIENTES 
    • Espaguetes sen glute
    • 1 cenoria 
    • 1 dente de allo
    • Alga espagueti de mar
    • Berberechos
    • Pan relado sen glute
    • AOVE, sal e limón
    ELABORACIÓN
    1. – Hidratar o alga en auga durante 30 minutos. Escorrer e reservar.
    2. – Cun pelador, pelar a cenoria e cortar en tiras. Cortar as tiras (ao longo) á metade.
    3. – Cocer os espaguetes en auga con sal. Escorrer e reservar.
    4. – Facer os berberechos ao vapor. Separar o berberecho da casca e engadir unhas pingas de limón.
    5. – Partir un dente de allo, sofritir e engadir o alga e a cenoria. Cando estean tenros, agregar unha cullerada de pan relado sen glute.
    6. – Incorporar os berberechos e os espaguetes e servir.
    Para esta receita utilicei pasta de millo e arroz. O alga espaguete de mar é rica en ferro, vitaminas do grupo B e minerais como calcio, fósforo e potasio. A súa combinación cos berberechos potencia o sabor a mar deste prato, intenso e delicioso.

    ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

    A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

    "Disfruta sin gluten"

    Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas.

    Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

    Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

    Donuts de “Boniato” (pataca doce) e chocolate

    Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

    INGREDIENTES (6 unidades)
    • 200 gr. de pataca doce asada (“boniato”)
    • 2 ovos
    • 3 culleradas de aceite de coco
    • 35 gr. de cacao en po 100%
    • 2 culleradas de pasta de dátiles
    • 30 gr. de fariña de arroz
    • 30 gr. de fariña fina de millo
    • 1 culleradiña de fermento
    • 5 onzas de chocolate 70% cunha culleradiña de aceite de coco (para bañalos)
    • Fideos de chocolate, boliñas de cores ou crema de abelás (para adornar)
    ELABORACIÓN
    1. – Prequentar o forno a 200º C.
    2. – Partir a pataca doce asada (” boniato”). Engadir todos os ingredientes e triturar.
    3. – Repartir a masa no molde para donuts, enchéndoo ata arriba.
    4. – Enfornar durante 15 minutos a 200 graos.
    5. – Deixar arrefriar sobre unha reixa.
    6. – Fundir o chocolate no microondas cunha culleradiña de aceite de coco e bañar os donuts.
    7. – Adornar con fideos de chocolate, boliñas de cores, crema de abelás…
    A “boniato” é rico en betacarotenos e se o asas previamente converterase en amidón resistente. O chocolate puro contén polifenoles, é probiótico e o ovo proporciona vitaminas B12 e D, así que estes donuts non son só un capricho. Que os disfrutedes!