Showing 25 Result(s)

Fabada Asturiana con Elsa Lis

Gustache a cociña?Eres un pequeno chef? a ilustradora elsa lis nos trae unhas divertidas receitas!

 

PREME CTRL+P NO TECLADO PARA IMPRIMIR ESTA RECEITA.

COCIÑA SEMPRE BAIXO A SUPERVISIÓN DE UN ADULTO.

   

       

   

       

O próximo luns traemos outra sinxela receita para imprimir, suscríbete a listaxe “Todas as novas” do noso blogue para recibila no teu correo!

Quero recibir información da listaxe de:

¡Non enviamos spam! Lee a nosa Política de Privacidade.

"Elsa Lis ilustracion"

Elsa Lis é natural de Oviedo e licenciada en Belas Artes. Adicase profesionalmente a ilustración dixital e o deseño. Nas súas redes sociais fai publicacións acotío dos seus traballos recentes. Podes atopala no instagram como @elsa.lis

Cookies de chocolate con Elsa Lis

Gustache a cociña?Eres un pequeno chef? a ilustradora elsa lis nos trae unhas divertidas receitas!

 

PREME CTRL+P NO TECLADO PARA IMPRIMIR ESTA RECEITA.

COCIÑA SEMPRE BAIXO A SUPERVISIÓN DE UN ADULTO.

       

O seguinte mércores traemos outra sinxela receita para imprimir, suscríbete a listaxe “Todas as novas” do noso blogue para recibila no teu correo!

Quero recibir información da listaxe de:

¡Non enviamos spam! Lee a nosa Política de Privacidade.

"Elsa Lis ilustracion"

Elsa Lis é natural de Oviedo e licenciada en Belas Artes. Adicase profesionalmente a ilustración dixital e o deseño. Nas súas redes sociais fai publicacións acotío dos seus traballos recentes. Podes atopala no instagram como @elsa.lis

Fabas de Lourenzá con rape, lagostinos e ameixas

Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.

INGREDIENTES 
  • 500 gr. de fabas de Lourenzá
  • Caldo de peixe (cabezas de lagostinos, espiñas de rape)
  • 8 lagostinos
  • 200 gr. de rape
  • 600 gr. de ameixas
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1 tomate
  • 3 cenorias
  • AOVE, sal, azafrán, pimentón de la vera, loureiro, perexil
ELABORACIÓN

  1. – Poñer as ameixas en auga con sal groso durante unha hora (para que solten as areas). Retirar da auga e reservar.
  2. – Pelar a cenoria. Reservar.
  3. – Pelar os lagostinos, limpar, separar as cabezas e reservar.
  4. – Partir o rape, engadir sal e reservar.
  5. – Pelar e picar un dente de allo. Sofritir con AOVE, engadir as cabezas dos lagostinos, as espiñas do rape, unhas hebras de azafrán e sazonar. Agregar auga e cocer durante 30 minutos.
  6. – Pelar, partir e sofritir a cebola e un dente de allo durante 10 minutos.
  7. – Pelar e partir o tomate e incorporalo ao sofritido. Sofritir durante 5 minutos e engadir un chisco de pimentón de la vera, varias hebras de azafrán, caldo de peixe e dúas follas secas de loureiro. Cocer e cando empece a ferver engadir a cenoria e as fabas. Cando ferva outra vez, engadir un vaso de auga fría. Eliminar a escuma. Cocer ata que ases fabas estean tenras (25 minutos aproximadamente).
  8. – Retirar as cenorias, partir e triturar algúns anacos xunto á verdura e a auga de cocción.
  9. – Engadir a cenoria partida e o puré de verdura. Probar e engadir sal.
  10. – Engadir o rape partido e os lagostinos pelados. Cocer durante 4 minutos e agregar as ameixas. Cocer durante dous minutos máis, ata que se abran, engadir perexil picado e a gozar.

As fabas de Lourenzá, con Indicación Xeográfica Protexida, diferéncianse doutras pola súa escasa proporción de pel, a súa capacidade de absorción de auga e a pastosidade da súa pulpa. Combinan perfectamente co produto do mar galego. Unha auténtica exquisitez!

    ¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

     

    A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de...

    "Disfruta sin gluten"

    Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

    Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

    Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso.