Showing 17 Result(s)

Polo ao xeito KFC + espárragos con masa de follado e queixo.

Receita sen glute de Lidia Filgueira de «Disfruta Sin Gluten» para Benboa.

INGREDIENTES
  • 2 peitugas de polo
  • 1 iogur natural
  • 1 lámina de masa de follado («hojaldre») sen glute.
  • 2 ovos
  • Espárragos trigueiros
  • Queixo raiado
  • Fariña de garvanzo
  • Copos de millo sen glute triturados
  • Especias: Ourego e «Pimentón de La Vera»
  • AOVE, sal e pementa negra
ELABORACIÓN

Polo ao xeito KFC
  1. – Prequentar o forno a 200ºC.
  2. – Mesturar nun bol: un iogur natural, aceite de oliva, Pimentón de La Vera, aceite, pementa negra e ourego. Engadir o polo cortado e macerar durante unha hora.
  3. – Pasar o polo pola fariña de garavanzo, ovo batido e os «corn flakes» triturados.
  4. – Poñer o polo sobre un papel de forno na bandexa e asar a 200ºC durante 40 minutos.
Espárragos con masa de follado e queixo
  1. – Prequentar o forno a 180ºC.
  2. – Lavar os espárragos e rexeitar a parte final.
  3. – Cortar a base da masa de follado («hojaldre») en tiriñas (o cortador de pizza é perfecto para isto).
  4. – Envolver os espárragos, engadir queixo raiado (eu lles botei Emmental) e pintar co ovo batido.
  5. – Introducir no forno a 180ºC durante 15 minutos.

 

¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!

 

A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…

"Disfruta sin gluten"

Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas

Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.

Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso. 

Benboa: Showcooking degustación gratuíta en A Coruña

Este sábado 25 de setembro ás 19.00h participaremos con un showcooking-degustación gratuíto no Mercado do mar como parte da programación do Festival Mar de Mares de A Coruña. A cargo da nosa presentación estará Carlos Brión e as mans das pezas elaboradas serán as de Toni Bermúdez, o noso cociñeiro xefe en Benboa Compostela. Para asistir débeste inscribir previamente na páxina do festival que conta con 25 prazas para esta actividade. (Para inscribirte preme aquí)

O Mercado do Mar é un lugar de encontro para poñentes e publico, un escaparate onde emprendedores do mar amosan os seus produtos os cales se elaboran baixo estritos criterios de sostibilidade e respectando sempre os tempos e as regras do bo facer.

Este ano o Mercado ten unha nova localización, a Mansión 1783, un histórico edificio da Avda. da Mariña, 14 que se transforma por un día,  no mostrador da pesca artesanal de Galicia e dos produtos do mar elaborados con criterio. Showcookings, presentacións, degustacións de produtos, música e artesanía se dan cita o longo do día. Vémonos!

Curiosidade: Para os que non vos podades acercar vanse facer varios sorteos nas redes do festival, participade!