Flores de améndoa con curcuma latte
Receita sen glute de Lidia Filgueira de “Disfruta Sin Gluten” para Benboa.
INGREDIENTES
- 125 gramos de améndoa moída
- 1 ovo
- 4 culleradas de azucre moreno
- 1 chisco de sal
- Limón relado
- Améndoa para decorar
- Un vaso de leite ou bebida vexetal
- Especias: cúrcuma, canela, pementa negra, cravo,
- Aceite de coco
ELABORACIÓN
Galletas de améndoa
- – Quentar o forno a 170ºC con calor arriba e abaixo, sen ventilador.
- – Separar a clara e reservar a xema.
- – Montar a clara a piques de neve co chisco de sal e engadir aos poucos o azucre, o limón relado e a améndoa moída.
- – Mesturar a masa, formar as galletas, pincelar coa xema de ovo batida e decorar.
- – Enfornar a 170ºC durante 15 minutos.
Cúrcuma latte ou leite dourado
- -Quenta o leite ou a bebida vexetal.
- -Engade unha cullerada pequena de canela, unha cullerada pequena de cúrcuma, un chisco de pementa negra, dous cravos e unha cullerada pequena de aceite de coco.
¿Dúbidas, resultados, agradecementos? Anímate a deixar un comentario nesta receita de Lidia!
A nosa colaboradora é Lidia Filgueira de…
"Disfruta sin gluten"
Chámome Lidia e non, non teño formación en cociña. Estudei Dereito, mais deléitome creando receitas naturais e saudables que intento sexan sinxelas e rápidas.
Diagnosticáronme a celiaquía hai case 40 anos. Dende entón, e a pesar dos poucos productos e do escaso coñecemento que había, a miña nai sempre se preocupou por atopar receitas sen glute. Gústame a cociña galega e utilizo produtos locais e de tempada. Tamén innovo con diferentes texturas e alimentos sen glute.
Agardo que vos animedes a cociñar e que o resultado vos pareza delicioso.