5 ideas agasallo con selo galego
Traduce el texto/ Translate
Chegadas estas datas, moitas veces nos despistamos cos regalos e andamos a comprar chorradas a última hora coas que, aparte de non acertar, gastamos os cartos en balde.
Queremos darvos unhas ideas para poder completar os vosos agasallos con éxito ademais de ser algo único, para tódalas idades e que nos represente como galegos (posto que non todolos regalos veñen de oriente ;D).
Para quen está fora de Galicia é unha sinxela forma de obter produtos orixinais e galegos a domicilio e con este xesto, estarás apoiando as iniciativas emprendedoras da nosa terra.
Colle o caderno e toma nota!
1. Para os amantes das cousas bonitas: Florandeira.
Esta floristería de Paderne (A Coruña) que podes atopar en liña e que rexenta Verónica Souto é un legado de negocio familiar que con moito esforzo e ilusión se adoptou perfectamente ós tempos que corren.
No seu sitio web podes atopar un perfecto agasallo tanto que perdure no tempo como son as flores preservadas ou tamén algo mais efémero e vigoroso como son as flores frescas de tempada.
Podes atopar cousiñas estupendas para os amantes da decoración do fogar con flores fermosas.
Xarrón de flores secas “Ámbar” de floradeira.es
2. A moda atlántica coa que acertarás: Somos Océano
Para acertar seguro-segurísimo e non equivocarnos recomendamos sen lugar a dúbidas a Somos Océano.
Detrás deste proxecto atopase Ana e Fran, quen, a través das súas coloreadas redes sociais, nos alegran o noso día a día presentándonos o seu traballo dunha forma entretida e orixinal. Igual que Benboa son fans do deseño #sostible e na súa tenda en liña podes atopar agasallos para toda a familia dende camisetas, suadoiros e calcetíns….Como os de estas latiñas de conserva da imaxe que podes personalizar escollendo os deseños que mais che gusten da súa colección.
Lata persoalizable con 4 pares de calcetíns de somosoceano.com
3. Pezas de artesáns de Galicia: O Faiado
O Faiado é unha tenda e galería de arte e artesanía galega con xa dez anos de actividade.
A novidade desta tenda e que dende o ano pasado podes atopar as suas peculiares pezas de artesanía tamén a venda de forma online achegándote a casa algúns dos moitos artigos que alberga este local da Rúa de Galicia, nº 81 de Ribeira, onde se atopa.
Encontrarás artigos para tódalas idades, únicos no mundo e feitos a man dende prezos moi asumibles para tódolos petos.
Pulseira Octans III con cristales de Swarovski e fío de arame ofaiado.com
4. artegalega.com: Os Catro Gatos en Rede
A galería de arte galega de Santiago de Compostela Os Catro Gatos esta detrás dende xullo deste ano do proxecto de venda de arte online de artistas galegos ou afincados en Galicia.
Ao redor de 25 artistas participan coas súas obras neste proxecto que xa comezou a facer os seus primeiros envíos de arte polo mundo.
Pódense atopar prezos moi asumibles apostando polas promesas mais emerxentes da arte galega como Alejandra Pardo ata artistas mais consolidados no mercado como Tino Canicoba, como exemplos.
“Saíndo do rosario” talla en madeira de Tino Canicoba. Podes atopar + obras en artegalega.com
5. Para “Galician foodies”: Benboa
Non podemos pechar esta listaxe de recomendacións sen autorecomendarnos.
Porque regalar Benboa é regalar un momento para compartir con esas persoas especiais que tanto queremos.
Regalar Benboa é dar a coñecer a riqueza gastronómica da nosa cociña atlántica aos nosos familiares e amigos.
Os bono agasallo de Benboa son menús individuais adaptados a tempada do peixe e do marisco así como a madeira utilizada na brasa que outorga un punto diferencial a nosa cociña.
Consulta os nosos bono-agasallo en benboa.com/regalabenboa/
Xa sabes, este nadal non andes as presas e regala algo con xeito e con selo galego.